Modelo atómico

páxina de homónimos de Wikimedia

Un modelo atómico é a representación da estrutura interna dun átomo.

Historia editar

Ao longo da historia, a constitución da materia tivo varios modelos. En particular, o modelo atómico naceu na antiga Grecia, na que Demócrito razoou que a materia estaba constituída por pequenas partículas indestrutibles ou indivisibles (que iso é o que significa átomo) de varios tipos, que asociou cos poliedros regulares. Na Grecia antiga razoouse, segundo as épocas, a existencia de átomos de ar, auga, lume, terra...

A teoría atómica ficou posteriormente no esquecemento até que, a comezos do século XIX, John Dalton estableceu os principios que rexen no fundamental hoxe en día. Porén, non foi ata o aumento da capacidade experimental que tivo lugar nese século cando se descubriu o electrón, que como partícula sub-atómica pasou a ser considerado como parte da estrutura dos átomos dando, polo tanto, lugar á existencia de modelos atómicos.

O primeiro foi debido ó descubridor do electrón, Thomson, que concibiu o átomo a modo de pudin ou pastel de pasas, no que o átomo estaría constituído por unha masa positiva na que estarían fixados os electróns como pasas no pastel. A experiencia de Rutherford, que manifestou que os átomos eran facilmente traspasables por cargas eléctricas, fixo posible o seu propio modelo, que concibeu como un núcleo positivo pesado e electróns ó seu arredor dando voltas.

Posteriormente, Niels Bohr concibiu o seu propio modelo que substituíu o de Rutherford. As cargas eléctricas (como os electróns) aceleradas (por exemplo, obrigadas por unha forza centrípeta a dar voltas arredor dun núcleo atómico) tiñan que emitir radiación, e polo tanto enerxía, co que indefectiblemente caerían ó núcleo e os átomos terían deixado de existir vai moito tempo. Bohr solucionou o problema expoñendo os seus célebres tres postulados, que facían un átomo estable e en consoancia en parte cos espectros atómicos de emisión e adsorción descontinua, pero que en certa forma eran contraditorios entre si. O descubrimento do protón e logo do neutrón, así como a introdución da Mecánica Cuántica, máis as adaptacións necesarias para unha adaptación máis fina ós espectros atómicos, fixeron posible un desenvolvemento da idea de átomo que culminou co actual modelo atómico Mecánico-Cuántico.

Modelos atómicos famosos editar


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.