Murray Gell-Mann
Murray Gell-Mann, nado en Nova York o 15 de setembro de 1929 e finado en Santa Fe o 24 de maio de 2019,[1][2] foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1969.
Murray Gell-Mann | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Murray Gell-Mann |
Nacemento | 15 de setembro de 1929 |
Lower Manhattan | |
Falecemento | 24 de maio de 2019 |
Santa Fe, Novo México | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Yale College, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Universidade Yale |
Ocupación | físico, escritor de non ficción e físico teórico |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Premio Nobel de Física, Humanist of the Year, William Procter Prize for Scientific Achievement, Medalha Helmholtz, Prémio John J. Carty, Medalla Franklin, Premio Memorial Richtmyer, Fellow of the American Physical Society, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, Medalha Albert Einstein, Fellow of Pakistan Academy of Sciences, Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society e Prêmio Ernest Orlando Lawrence |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Licenciado en física pola Universidade Yale e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, en 1955 comezou como profesor universitario na Universidade de California onde ocupou desde 1967 a cátedra de física teórica.
Investigacións científicasEditar
Desde 1950 interesouse na investigación sobre as partículas elementais, recentemente descubertas e denominadas caón e hiperión.A súa clasificación permitiu nomear un novo número cuántico. As súas investigacións, primeiro con Abraham Pais e posteriormente con Kazuhiko Nishijima, permitiron a introdución dunha nova partícula, o hadrón, partícula que descubriu á vez o físico israelí Yuval Ne'emal. A teoría de Gell-Mann achegou orde ao caos ao descubrir preto de 100 partículas no interior do núcleo atómico. Estas partículas, ademais dos protóns e neutróns, estaban formadas por outras partículas elementais denominadas quarks. Estes quarks mantéñense unidos grazas ao intercambio de gluons.
En 1964 ingresou na NASA e postulou o modelo do quark, un modelo que tamén postulou independentemente George Zweig. A teoría moderna das interaccións dos quarks denomínase Cromodinámica cuántica, baseada basicamente sobre o traballo de Gell-Mann.
En 1969 outorgóuselle o Premio Nobel de Física polas súas contribucións e descubrimentos na clasificación de partículas elementais e as súas interaccións. Xunto a Richard Feynman, rivalizando con George Sudarshan e Robert Marshak, foi o primeiro en atopar a estrutura da forza nuclear débil en física. Este traballo seguiu co descubrimento inicial da violación da paridade de Chien-Shiung Wu, segundo as ideas suxeridas polos físicos Chen Ning Yang e Tsung-Dao Lee.
NotasEditar
- ↑ Johnson, George (24-5-2019). "Murray Gell-Mann, Who Peered at Particles and Saw the Universe, Dies at 89". nytimes.com (en inglés). Consultado o 3-6-2019.
- ↑ "Muere el Premio Nobel estadounidense Gell-Mann a los 89 años". mundo.sputniknews.com (en castelán). 25-5-2019. Consultado o 3-6-2019.