Enrico Fermi

físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica

Enrico Fermi, nado o 29 de setembro de 1901 en Roma (Italia) e finado o 28 de novembro de 1954 en Chicago, Illinois (USA), foi un físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica. Gañou o Premio Nobel de Física no ano 1938 e é considerado un dos científicos máis importantes do século XX.[1]

Infotaula de personaEnrico Fermi

Enrico Fermi nos anos 1940.
Nome orixinal(it) Enrico Fermi Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1901
Roma (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1954 (53 anos)
Chicago, Illinois
EUA
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaOak Woods Cemetery (en) Traducir, V-145 41°46′17″N 87°35′48″O / 41.771483, -87.596711 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América (1939–1954)
Roma
Italia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–1954)
Reino de Italia (1901–1946)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónScuola Normale Superiore
Tese académicaUn teorema di calcolo delle probabilità ed alcune sue applicazioni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1922 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseLuigi Puccianti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDesenvolvemento do primeiro reactor nuclear.
Achegas fundamentais á teoría cuántica.
Actividade
Campo de traballo
  • Física
  • Ocupaciónfísico , profesor universitario , científico nuclear , físico teórico , inventor Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Chicago (1942–1954)
    Universidade de Columbia (1939–1942)
    Universidade de Roma La Sapienza (1926–1938)
    Universidade de Florencia (1924–1926)
    Universidade de Gotinga
    Universidade de Leiden
    Instituto Enrico Fermi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    ProfesoresMax Born e Paul Ehrenfest Editar o valor em Wikidata
    AlumnosYang Chen Ning, Murray Gell-Mann, Mario Ageno, Tsung-Dao Lee, Emilio Gino Segrè e Owen Chamberlain Editar o valor em Wikidata
    Influencias
    Influencias en
    LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Participou en
    1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
    Obra
    Obras destacables
    DoutorandoTsung-Dao Lee, Ettore Majorana, Geoffrey Chew (pt) Traducir, Oreste Piccioni, Sam Treiman (pt) Traducir, Herbert Anderson (pt) Traducir, Marvin Leonard Goldberger, Emilio Gino Segrè, Owen Chamberlain, Mario Ageno, Richard Garwin (pt) Traducir, Willem Van Rensselaer Malkus (pt) Traducir, Arthur Rosenfeld (pt) Traducir e Robert A. Schluter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Arquivos en
    Familia
    CónxuxeLaura Fermi (1928–1954)
    Premios
    Medalla Matteucci, en 1926
    Premio Nobel de Física, en 1938
    Medalla Hughes, en 1942
    Medalla ao Mérito dos Estados Unidos, en 1946
    Medalla Franklin, en 1947
    Membro da Royal Society, en 1950
    Premio Rumford, en 1953
    Sinatura
    Editar o valor em Wikidata

    IMDB: nm0272751 Musicbrainz: 834a4296-110d-4de4-af33-ec47b98aae3a Discogs: 4331830 WikiTree: Fermi-2 Find a Grave: 331 Editar o valor em Wikidata

    Desde 1939 foi profesor de física na Columbia University, e colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear (proxecto Manhattan). Descubriu as reaccións no núcleo producidas por neutróns con movemento lento, e observou que estes eran absorbidos máis facilmente polo núcleo atómico que as partículas aceleradas. Investigou a teoría da estrutura fina dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Entre as súas obras destácase Elementary Particles (1951).[2]

    Foi un dos poucos físicos da era moderna a combinar a teoría coa experiencia. Recoñeceselle como un físico con grandes capacidades tanto no plano teórico como experimental. O elemento Fermio, que foi producido de forma sintética en 1952, foi nomeado no seu honor.

    Traxectoria editar

    Investigación en Europa editar

    Fillo de Alberto Fermi, Inspector Xeral do Ministerio de Comunicación, e Ida de Gattis, mestra de escola, comezouse a interesar pola física aos 14 anos. O seu expediente académico foi excelente, mostrando unha gran facilidade para memorizar, resolver problemas teóricos ou de síntese. A morte prematura do seu irmán máis vello, Giulio, en 1915 fai que se centre aínda máis nos estudos.

    Unha vez rematados os estudos elementais comezou a estudar na Scuola Normale Superiore de Pisa, onde acadou o doutoramento no ano 1922, despois do cal impartiu clases nas Universidades de Florencia e Roma. Residiu tamén durante un tempo nas cidades de Gotinga, Alemaña, e Leiden, Países Baixos, realizando labores de investigación.

    De volta en Italia foi nomeado para a primeira cátedra de Física teórica de Italia en 1926 polo Senador, físico e director do Instituto de Física da Universidade de Roma, Orso Maria Corbino. Universidade situada por aquel entón na Rúa Panisperna, converteriase debido á labor dos dous científicos nun centro de investigación punteiro en Europa, reunindo ás xoves promesas italianas da física teórica (Ettore Majorana), física experimental (Edoardo Amaldi, Franco Rasetti, Emilio Segrè ou Bruno Pontecorvo) e a química (Oscar D'Agostino). Este grupo daría en chamarse Os mozos da rúa Panisperna.

    En 1930 realizou unha viaxe aos Estados Unidos de América, convidado pola Universidade de Míchigan, durante a que impartiu varios cursos. Isto converteríase nunha costume, pasando a maior parte dos veráns no país americano, tanto realizando investigacións como impartindo conferencias, colaborando tamén cas Universidades de Columbia, Stanford e Chicago.

    No ano 1938 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas demostracións sobre a existencia de novos elementos radioactivos producidos por procesos de irradiación con neutróns e polos seus descubrimentos sobre as reaccións nucleares debidas aos neutróns lentos.

    Xunto aos seus colaboradores bombardeou con neutróns 60 elementos, obtendo isótopos de 40 e a transmutación de atómos do elemento 92, o uranio, en átomos dun elemento 93, o neptunio, que non existe na natureza.

    Proxector Manhattan editar

    Permaneceu en Roma ata 1938, tras recibir o Premio Nobel emigrou xunto coa súa familia definitivamente aos Estados Unidos, á cidade de Nova York. Esta emigración responde ás leis antisemitas do réxime fascista de Benito Mussolini que ameazaba á súa muller e a varios dos seus colaboradores, xudeus. Unha vez no país americano comezou a traballar para a Universidade de Columbia.

    Fermi levou a cabo a construción da primeira pila nuclear, logrando en decembro de 1942 na Universidade de Chicago a primeira reacción en cadea controlada de fisión nuclear. Participando nos últimos anos da segunda guerra mundial no desenvolvemento da Bomba atómica nos laboratorios de Los Álamos, Novo México, o que sería chamado Proxecto Manhattan. Posteriormente oporiase ao resultado deste proxecto por razóns éticas.

    No ano 1946 foi nomeado profesor de física e director do Instituto de Estudos Nucleares da Universidade de Chigago.

    O traballo científico de Fermi editar

     
    Ilustración da pila atómica de Chicago.

    A partir de 1926, adicouse á mecánica estatística de partículas que obedecen ao principio de exclusión de Pauli, como os electróns. O resultado é a chamada Estatística de Fermi-Dirac, unha vez que Dirac chegou independentemente ás mesmas conclusións.

    En 1933 Fermi introduciu o concepto de interacción débil, que en conxunto co recentemente postulado neutrino, entrarían na teoría do decaemento beta. Xuntamente cun grupo de colaboradores, Fermi comezou unha serie de experiencias en que foron producidos artificialmente núcleos radioactivos, polo bombardeamento con neutróns de varios elementos. Algúns dos seus resultados suxeriron a formación de elementos transuranianos. De feito, o que eles observaron, e que máis tarde foi comprobado por Hahn, foi a fisión nuclear. En 1938 Fermi recibiu o Premio Nobel de Física por este traballo. Foi entón para os Estados Unidos de América, onde participaria no proxecto Manhattan. Dirixiu o proxecto de construción do primeiro reactor nuclear na Universidade de Chicago.

    Despois da segunda guerra mundial, Fermi dedicouse á física de partículas, á que deu contribucións importantes. O elemento de número atómico 100, descuberto un ano após a súa morte, recibiu o nome de Fermio na súa honra.

    Galería de imaxes editar

    Notas editar

    1. Snow, Charles (1981). Little Brown, ed. The Physicists: A Generation that Changed the World. ISBN 1842324365. 
    2. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Enrico Fermi". Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán). Consultado o 1 d'agost de 2009. 

    Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar