Emilio Gino Segrè, nado en Tívoli o 1 de febreiro de 1905 e finado en Lafayette, California, o 22 de abril de 1989, foi un físico italo-americano que, xunto con Owen Chamberlain, gañou no ano 1959 o Premio Nobel de Física polo descubrimento do antiprotón.

Infotaula de personaEmilio Gino Segrè

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(it) Emilio Gino Segrè Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Tívoli (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1989 (84 anos)
Lafayette, California
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América (1938–1989) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeitalo-americano
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Director de teseEnrico Fermi Editar o valor em Wikidata
Coñecido pordescubrimento do antiprotón
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Palermo
Berkeley
Roma
Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
Universidade de Roma La Sapienza
Universidade de Palermo (pt) Traducir
Universidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHenry Stapp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElfriede Spiro (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosClaudio Segrè Editar o valor em Wikidata
IrmánsAngelo Segrè Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Segrè-11 Find a Grave: 104404987 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou enxeñaría na Universidade de Roma, La Sapienza. En 1927 decidiu estudar física, xunto a mestres como Enrico Fermi, conseguindo o ano seguinte o seu doutoramento.

Tras traballar para o exército italiano, desde 1928 ata 1929, traballou con Otto Stern en Hamburgo, e con Pieter Zeeman en Ámsterdam como membro da Fundación Rockefeller (Rockefeller Foundation). Segrè foi profesor de física da Universidade de Roma entre 1932 e 1936, momento no cal foi nomeado director do laboratorio de física da Universidade de Palermo.

Morreu á idade de 84 anos, dun ataque de corazón.

Investigacións científicas editar

Tras a visita que fixo ao Laboratorio de Radiación de Berkeley (California) (Berkeley Radiation Laboratory) a Ernest Lawrence, Ernest enviou a Segrè unha mostra de molibdeno que fora bombardeada con núcleos de deuterio no ciclotrón de Berkeley no ano 1937, e que estaba emitindo formas anómalas de radioactividade. Á cabeza de coidadosas análises químicas Segrè foi capaz de probar que parte da radiación estaba sendo producida por un elemento descoñecido e que foi nomeado tecnecio, posto que foi o primeiro elemento químico sintetizado artificialmente (o nome técnico procede do grego tecnetos, que significa "artificial"). A posteriori atopouse na natureza, aínda que en moi pequenas doses.

Mentres Segrè estaba de visita a California, no verán do 1938, o goberno fascista de Benito Mussolini sacou das universidades aos xudeus, coas súas leis antisemítas. Como xudeu, a Segrè outorgóuselle o permiso de emigración por tempo indefinido. Ernest Lawrence ofreceulle un posto de traballo no Laboratorio de Radiación de Berkeley como Asistente de Investigación, unha posición bastante baixa para alguén que descubrira un elemento, cun soldo de 300 dólares ao mes. Cando Lawrence se decatou que Segrè estaba legalmente atrapado en California, baixoulle o soldo a 116 dólares, observándose unha anómala situación de explotación entre físicos. Segrè puido atopar outro traballo como profesor do departamento de física na Universidade de Berkeley, momento no cal axudou a descubrir o elemento denominado Ástato e o isótopo plutonio-239, que despois se utilizou para crear a bomba atómica lanzada a Nagasaki.

Desde 1943 a 1946 traballou no Laboratorio Nacional dos Alamos (Los Alamos National Laboratory), no grupo líder do Proxecto Manhattan. En 1944 obtivo a cidadanía dos Estados Unidos, e cando regresou a Berkeley no ano 1946 traballou como profesor de física ata o ano 1972. En 1955 unha serie de experimentos, realizado conxuntamente con Owen Chamberlain, con protóns conduciunos ao descubrimento do antiprotón, a antipartícula do protón, unha partícula exactamente igual ao protón, exceptuando que ten carga negativa no canto de tela positiva. En 1959 foi galardoado, xunto con Chamberlain, co Premio Nobel de Física polo descubrimento do antiprotón.

En 1974 puido volver a Italia, sendo profesor de física nuclear na Universidade de Roma. Segrè, ademais, foi bastante activo como fotógrafo, tomando fotografías para documentar acontecementos e persoas da historia da ciencia moderna. O Instituto Americano de Física (American Institute of Physics) nomeou o seu arquivo fotográfico da historia da física na súa honra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar