Emigración

movemento de poboación

O termo emigración refírese a deixar o propio país para ir vivir a outro. Tamén por extensión se denomina emigración ós movementos de poboación que se producen dentro do propio país. O termo emigración refírese ademais ó conxunto de habitantes que trasladan o seu domicilio; xa sexa por un tempo ilimitado ou temporalmente, dun país, rexión ou pobo a outro distinto.

Aos emigrantes no Porto de Santa Cruz. Deseño de Luís Seoane.
Cartel do goberno xaponés que promove Suramérica
Aos emigrantes en Vilalba.

Aínda que se trata do mesmo fenómeno, denomínase inmigración cando o punto de observación é o da recepción de masas migratorias e emigración cando o fenómeno é observado dende o lugar emisor.

Placa en Poio adicada a Adolfo Pérez Esquivel, descendente de emigrantes galegos.

As razóns que empuxan a emigrar ó ser humano polo miúdo responden a unha necesidade de carácter vital que pode ser suscitada por cuestións de restrición económica, política e/ou ambiental.

Taxa bruta da emigración en 1910 en España, por provincias.

Na actualidade os países cun índice meirande de emigración son os de África, Suramérica, e Asia, ós que os países desenvolvidos deron en chamar países do Terceiro Mundo ou países en vías de desenvolvemento.

Historia editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar