O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros
O Porto de Santa Cruz é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).
Porto de Santa Cruz | |
---|---|
O castelo de Santa Cruz co areal do Porto en primeiro plano. | |
Parroquia | Liáns |
Concello | Oleiros |
Coordenadas | 43°20′58″N 8°20′47″O / 43.349482444808, -8.3462863770542 |
Poboación | 2.596 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e San Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.
Praias
editarAínda que todo o fondo da enseada de Santa Cruz é areoso, levan diferentes nomes a praia de Portocovo, á esquerda do castelo, e o areal do Porto, que queda completamente cuberto coa marea chea e está situado entre o castelo e o peirao.
Galería de imaxes do Porto de Santa Cruz
editar-
O Castelo de Santa Cruz, xunto co castelo de Santo Antón e o de San Diego, foi construído para protexer a ría da Coruña dos ataques marítimos.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Monumentos aos Emigrantes na Praza do Emigrante.
-
Centro Cultural As Torres, co Museo Os Oleiros José María Kaydeda, o teatro municipal das Torres e a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro.
-
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz.
-
Porto de Santa Cruz coa marea baixa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Liáns
editarLugares da parroquia de Liáns no concello de Oleiros | |
---|---|
A Babilonia | O Bañil | O Barral | Bastiagueiro | O Camiño de Vieiro | A Capela | Os Carragás | O Castro | O Catasol | A Choupana | Coruxo de Abaixo | Coruxo de Arriba | O Cubo | A Eira de Concha | Eirís | A Ferrala | A Fonte do Espiño | Franzomel | A Gaiteira | Lamastelle | Lóngora | O Loural | Meixón Frío | Montrove | Morouzo | Mosteiro | O Muíño do Vento | O Pazo do Río | Pazos | O Porto de Santa Cruz | Os Regos | Romardeiro | O Seixo | O Souto | Vista Alegre |