Oleiros
Coordenadas: 43°19′59.22″N 8°19′1.54″O / 43.3331167, -8.3170944
Oleiros | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Castelo de Santa Cruz. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | oleiresa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Coruña |
Poboación | 35.559 hab. (2018) |
Área | 43,8 km² |
Densidade | 811,85 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias |
Capital do concello | Oleiros |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños[3]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 2 Outros: AV 13, C´s 1 |
Eleccións municipais en Oleiros | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 17,46% |
Na rede | |
oleiros.org | |
alcaldia@oleiros.org | |
Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».
XeografíaEditar
Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña. Está situado no interior da unidade xeográfica chamada Xistos Cristalinos de Bergondo, creada no Precámbrico.
ToponimiaEditar
Segundo o Padre Sarmiento[5] o topónimo Oleiros fai referencia ás olas en que se celebraban antigamente os soterramentos[6].
HistoriaEditar
Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros:[7][8]
- Castro de Punta Roza
- Castro de Punta Torrella
- Castro de Subiña
- Castro de Morro Canide
- Castro de Xaz
- Castro de Edreira
- Castro de Santa Cristina
- Castro de Montrove
- Castro de Nós
- Castro de Xoez
Da Idade Media consérvanse poucos restos, entre eles atópase a Igrexa Románica de Dexo do século XII consagrada polo arcebispo Xelmirez no ano 1108.
O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalería para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia[9]
DemografíaEditar
É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.
Censo total (2015) | 35.013 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 5.645 (16.12 %) |
Entre 15 e 64 anos | 22.677 (64.77 %) |
Maiores de 65 anos | 6.436 (19,11 %) |
Evolución da poboación de Oleiros Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
6.972 | 9.115 | 10.564 | 15.039 | 29.671 | 34.386 | {{{13}}} | {{{14}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EconomíaEditar
A economía de Oleiros estivo durante séculos centrada no sector agrario, gandeiro e pesqueiro. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galiza.
A proximidade á cidade da Coruña fixo medrar a poboación do concello que pasou dunha etapa de cidade dormitorio, nas zonas máis próximas, e de ocio preto das praias. Oleiros é agora un concello residencial e de alta calidade de vida. O concello ten múltiples urbanizacións, zonas de vivendas e equipamento residencial. Nos últimos anos construíronse zonas verdes, zonas peonís e infraestruturas para mellorar a vida diaria no concello. O novo acceso ao concello é a Vía ártabra (AG-13), estrada de alta capacidade que ligará o concello coa autoestrada AP-9.
PatrimonioEditar
O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de ceramistas que expoñen as súas pezas.
Oleiros na literatura popularEditar
- Refraneiro
- Cantigueiro
- Ferrolana, por te ver,/ pasei o mar da Marola/ a pique de me perder.
Lugares de intereseEditar
- Praia de Santa Cristina (Perillo)
- Praia de Bastiagueiro (Bastiagueiro) Bandeira Azul
- Praia de Portocovo (Porto de Santa Cruz)
- Praia de Mera (Mera)
- Museos
- Salas de exposicións
- Casa Charry (Oleiros)
- Monumentos
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros.
|
ParroquiasEditar
LugaresEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Oleiros na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Padre Sarmiento (1754-55): Viaje a Galicia, páxs. 67 e 68.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 3145. Ed. Xerais, Vigo 1992.
- ↑ PXOM do Concello de Oleiros do ano 2014
- ↑ Traballo de Comendador Rey, Beatriz. Ferrer Cruz, J. Vázquez Collazo, S. Anuario Brigantino 2007, num .30
- ↑ O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-
- ↑ A Marola é un pequeno illote fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 7.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleiros |