Castro de Nós

poboado fortificado en San Pedro de Nós, Oleiros

O castro de Nós, tamén chamado Alto das Gobernas, ou Monte do Castro, ou Castro de Sarro, ou Castro Iñás, é un castro situado na parroquia de San Pedro de Nós, no concello coruñés de Oleiros.

Castro de Nós
Tipocastro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°18′54″N 8°19′41″O / 43.31496, -8.32792
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloOleiros
ParroquiaSan Pedro de Nós Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA15058013
Wikidata ]

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado de planta elíptica. Ten unhas dimensións de 160 metros no eixo este-oeste e 80 metros no eixo norte-sur.

As defensas están formadas por un talude na parte norte, cun terraplén exterior cunha altura de case 4 metros, case vertical na súa cara exterior pero de pendente lene na cara interior. Na zona oeste preséntanse un foxo e un parapeto que salvan un desnivel de ata 8 metros. O lado meridional está defendido pola caída natural do terreo, pechándose tan só cun terraplén.

Na parte noroeste está o acceso. Aprécianse algunhas estruturas que poderían ser un sistema defensivo para protexer a entrada ó interior do asentamento.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.