Provincia

entidad territorial (administrativa) dentro dun país ou estado

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Países do mundo que teñen provincias como subdivisións territoriais.     Primeiro nivel administrativo     Segundo nivel administrativo

Este termo utilízase con características diferentes segundo os países e as épocas históricas. Polo tanto, unha provincia abrangue realidades de organización territorial diversas.

Historia editar

A verba foi introducida polos romanos, quen dividiron o Imperio romano en provincias, e foi designada ós territorios conquistados fóra da Península Itálica. En latín, o termo provincia fórmase a partir das voces pro («por») e vincia («vitoria»).

Nos países de lingua romance, como España, Italia e Francia, o termo provincia aplicouse a unidades administrativas importantes só inferiores ós reinos. No Imperio español, correspondía a divisións territoriais, que tamé

n adoitaban chamarse correxementos, por ser xurisdicións dun correxedor. Logo das reformas borbónicas, a provincia correspondía a divisións territoriais controladas por un gobernador-intendente. Tamén se adoitaban chamar intendencias por ser xurisdición dun gobernador-intendente no caso do Vicerreinado do Río da Prata.

Trala Revolución Francesa, o termo provincia caeu en desuso dentro de Francia. A mediados do século XIX, nalgunhas nacións iberoamericanas como México, o Brasil, Colombia e Venezuela chamouse provincia ás unidades administrativas constituíntes e por influxo dos Estados Unidos, devanditas nacións con reformas da súa constitución pasaron a ser chamadas estados por estar dentro dun réxime federal. Por exemplo, o termo provincia, como o é no emprego da frase «provincia mexicana» inclúe como significado ó dun territorio dentro do país agás a súa capital pero o termo quedou desfavorecido.

Nos Países Baixos e Bélxica mantense a denominación provincia para as unidades administrativas principais de ámbolos dous estados. En Bulgaria, a palabra óblast adoita ser sinónimo de provincia.

Na Arxentina mantense a denominación provincia para significar a todo estado federado constituínte da república. No Canadá, un dos estados máis descentralizados do mundo, séguese empregando a denominación provincia tanto en inglés como en francés. No caso de Chile, chamouse provincia a unha unidade administrativa que era subordinada polo estado central e na década de 1970, dadas as súas pequenas dimensións territoriais, foron reunidas en rexións como división de segunda orde e as provincias como división de terceira orde.

En España editar

Artigo principal: Provincias de España

A provincia introducíuse como división administrativa no Imperio Romano, pasando logo o concepto ó reino visigodo, e sendo recuperado polos reinos cristiáns. Dende entón é unha constante na organización territorial. A división actual parte de 1833, cando o Secretrio de Fomento (equivalente ós actuais ministros) Javier de Burgos impulsou o decreto coñecido co seu nome. A constitución de 1978 consagrou esa división, coa provincia como entidade composta pola agrupación municipal, con personlidade xurídica propia. Só cunha lei aprobda polas Cortes Xerais é posible modificar a súa denominación ou capitalidade, necesitando unha lei orgánica para variar os seus límites.[1]

Notas editar

  1. AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. Dep. Prov. Lugo. ISBN 9788412059717. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.