Península Itálica

A Península Itálica[1] é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica. O seu territorio esténdese uns 1000 km de noroeste a sueste. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.

Vista de satélite, na que se aprecia a súa característica forma de «bota», polo que é chamada en italiano Lo stivale («A bota»).

Características xerais editar

A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.

No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.

Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.

División política e administrativa da Península Itálica editar

A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está:

País/
Territorio
Superficie peninsular Descrición Capital Idioma oficial
Poboación[2] km2[3] sq mi Tanto por cen
  República italiana 26 140 000 131 275 50 686 99.9531% Ocupa a maioría da península Roma italiano
  San Marino 31 887 61,2 23,6 0.0466% Un enclave ó nordeste da Italia peninsular Cidade de San Marino italiano
  Cidade do Vaticano 829 0,44 0,17 0.0003% Un enclave de Roma (Italia) Cidade do Vaticano italiano, latín

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para itálico.
  2. A poboación só inclúe os habitantes da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña
  3. A superficie só a da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña