Castro de Xaz
Coordenadas: 43°21′10″N 8°19′30″O / 43.352647222222, -8.3250944444444
O castro de Xaz, tamén chamado castro de Abeleiras ou Os Redondos, é un castro situado na parroquia de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros.
Castro de Xaz | |
---|---|
Parroquia | Dorneda |
Concello | Oleiros |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15058009 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
MorfoloxíaEditar
Consta dun recinto fortificado de forma ovalada. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste.
Está defendido por un complexo sistema de noiros e foxos concéntricos, situados sobre todo na parte sur e oeste. Pola parte sur presenta unha sucesión de tres parapetos e dous foxos intercalados entre eles. Na parte oeste existen tres parapetos e dous foxos intercalados
ConservaciónEditar
Polas bandas norte e oeste do asentamento as recentes obras de construción de vivendas afectaron severamente ó parapeto exterior e ó foxo. Neste sector as defensas que se conservan limítanse ó paramento exterior.
Na actualidade a vexetación cobre gran parte dos restos.
ArqueoloxíaEditar
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.