Castro de Punta Torrella
Coordenadas: 43°24′12″N 8°18′28″O / 43.403333333333, -8.3077777777778
O castro de Punta Torrella é un castro situado na parroquia de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.
Castro de Punta Torrella | |
---|---|
Parroquia | Dexo |
Concello | Oleiros |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15058002 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
MorfoloxíaEditar
Consta dun recinto único fortificado e de planta oval. As súas dimensións son duns duns 125 metros no eixo nordeste-suroeste e uns 60 metros no eixo noroeste-sueste.
Conta cunhas defensas constituídas por unha unha sucesión de parapeto e foxo que acadan unha altura de ata 4 metros na parte oeste 2,5 na parte do cantil costeiro. Hai indicios de que pola banda norte-nordeste pode existir outro parapeto que enlace co recinto principal. O acceso probablemente ábrese no sector sur-suroeste, por medio dunha rampla encaixada entre dous taludes.
ArqueoloxíaEditar
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.