Castro de Santa Cristina

poboado fortificado en Perillo, Oleiros

Coordenadas: 43°20′36″N 8°22′23″O / 43.34342, -8.37309

O castro de Santa Cristina, tamén chamado castro de Perillo, é un castro situado na parroquia de Perillo, no concello coruñés de Oleiros.

Castro de Santa Cristina
ParroquiaPerillo
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15058011
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado localizado nun pequeno promontorio rochoso que penetra no mar no extremo norte da praia de Santa Cristina. Na súa parte superior existe unha elevación circular que pode ser o resto dun parapeto defensivo do castro. Este posible parapeto ten non máis de 3 metros de anchura e entre 60 e 80 centímetros de altura, e desenvólvese en sentido circular con dirección nordeste-suroeste.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.