Ría de Ares

curso fluvial do Golfo Ártabro

A ría de Ares é unha ría galega formada pola desembocadura do río Eume no océano Atlántico. É unha das catro rías, canda as de Ferrol, Betanzos e A Coruña, que conforman o Golfo Ártabro e fai parte, polo tanto, das denominadas rías medias. A ría de Ares separa Pontedeume, no lado sur, de Cabanas, Fene e Ares, que quedan ao norte.

Modelo:Xeografía físicaRía de Ares
Imaxe
Tiporía Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°24′N 8°12′O / 43.4, -8.2

A boca da ría de Ares é compartida coa ría de Betanzos, onde o océano se interna no continente entre a punta Coitelada (en Cervás, Ares) e a punta Torrella (en Dexo, Oleiros). No interior, esta ría divídese en dous brazos, un en dirección leste e outro en dirección sur-sueste. O primeiro corresponde á ría de Ares ata a marisma que forma o río Eume no seu encontro co mar. Pola súa banda, dende a punta Torrella cara ao sur vaise estreitando a ría de Betanzos ata a cidade dos Cabaleiros, que lle dá o nome[1]. Polo interior, a punta da Carboeira (en Boebre, Pontedeume) separa ambas as rías, deixando a costa sur da de Ares cara ao norte e a costa leste da de Betanzos cara ao sur[2].

  1. "Rías de Ares y Betanzos / Coruña. / Derroteros / Guías / Portada - masmar". guias.masmar.net. Consultado o 2020-09-15. 
  2. "Ría de Ares e Betanzos - GALICIA". www.turismo.gal. Consultado o 2020-09-15.