Río Eume

curso fluvial galego

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m.[1] O nacemento atópase na parroquia de Montouto,[2][1] no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m.[2][1] O seu percorrido de 80 km transcorre pracidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico.[3] Finalmente desemboca na ría de Ares,[4] no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural. Ten un caudal medio de 19,1 m3/s[5][6] e unha conca de 470 km2.[2][5][6] Ten unha lonxitude de 80 km.[2]

Modelo:Xeografía físicaRío Eume
Imaxe
As Fragas do Eume.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial880 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMontouto Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Ares Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°24′36″N 8°09′45″O / 43.41, -8.1625
Características
Dimensións80 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica470 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal19,1 m³/s Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

O hidrónimo Eume segundo Isidoro Millán González-Pardo derivaría do termo paleuropeo Ume, relacionado co hidrónimo éuscaro Urumea, composto do substantivo vasco umea, "neno, cativo, pequeno", nome que ten sentido, pois o Eume recibe noutra zona do seu percorrido o nome de Río Pequeno. Sería pois un nome preindoeuropeo emparentado coas linguas éuscaras e que podería estar relacionado cos nomes dos ríos Umia (Pontevedra), Uma (afluente do Tea), Irimia (nacemento do río Miño en Lugo), Urumea (Navarra-País Vasco) e Umeälven (Suecia). Edelmiro Bascuas relaciónao co composto bitemático E-Ume, da mesma orixe[7].

A outra posibilidade é que veña dunha raíz hidronímica prelatina celto-galaica, xa indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Umia, Río Mao, Acea de Ama etc).[8]

A lenda dos tres ríos

editar

Conta a lenda que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e os fixo fluír en tres direccións diferentes: o Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente [9]. O mar prometeu entregar un home cada ano a aquel río que antes chegase ó mar. Os tres ríos empezaron a andar pero, pouco despois de naceren, acordaron descansar un pouco no camiño, coa condición de que o primeiro que acordase debería espertar ós outros. Un dos ríos espertou e, en vez de cumprir o acordado, marchou en silencio cara ó mar. Ó pouco despertou o segundo río e, visto o que fixera o primeiro, decideu facer o mesmo e seguiu camiño cara ó mar.

Cando o terceiro río, o Eume, despertou e viu que os outros dous non cumpriran o pacto, encolerizouse e acelerou a súa marcha por montes, vales e riscos e conseguiu chegar o primeiro ó mar, provocando no camiño o espectacular Canón do Eume. Cumprindo a súa promesa, cada ano o mar fai afogar a unha persoa nas súas augas. Outras versións da lenda falan de tres fontes ou mesmo de tres ninfas.[10][11]

Características

editar

Percorre os concellos de Abadín, Muras, Vilalba, Xermade, As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Monfero, Cabanas e Pontedeume.

No seu percorrido atópanse dous encoros: o da Ribeira, no concello das Pontes, e o do Eume, entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e A Capela ó norte e Monfero ó sur.

No 2008 desviouse unha boa porcentaxe do seu caudal ata encher o novo lago que ocupa o furado deixado pola mina de lignito das Pontes, cunha extensión superior á da cidade da Coruña.[12] O lago rematouse de encher en 2012.[13]

Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Salientan na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de Muras, e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da Central térmica das Pontes, o río do Pareiro, que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
Na marxe esquerda salientan o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no Encoro do Eume despois de 10 km de percorrido, está o río Frei Bermuz, o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. En pleno canón do Eume verte o río de San Bartolomé tamén de 10 km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de enerxía hidroeléctrica na Central do Parrote. Xa no esteiro, desemboca o Río de Covés.

O 30 de xuño de 1997 creouse o Parque Natural das Fragas do Eume (Real Decreto 211/96 de 2 de maio) cunha superficie de 9126 ha. Abarca terras dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°26'35.0"N 7°33'54.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Eume". Gran Enciclopedia Galega 16. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 57–59. ISBN 84-87804-18-7. 
  3. Xunta de Galicia, ed. (24/12//2010). "Plan de ordenación do litoral de Galicia: Esteiro do Eume (descargable 03-02-105)" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2017. El paisaje del esteiro do Eume supone un sistema ecológico de especial valor natural, como continuación funcional del Parque Natural das Fragas do Eume, espacio protegido dentro de la Red Natura 2000 y clasificado como Espacio de Interés Geomorfológico. Su elemento más característico y de mayor interés paisajístico y ambiental es la llanura intermareal fangosa que se genera en la desembocadura del río (Valoración del paisaje, páx. 3). La lámina de agua del estuario y la llanura intermareal acogen los usos más vinculados con el mar, la pesca de bajura y el marisqueo a pie (Usos del suelo, páx. 2.) 
  4. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°24'44.2"N 8°10'31.0"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  5. 5,0 5,1 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 114. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  6. 6,0 6,1 Asociación Galega de Actividades Náuticas, Agan; Tajes Rama, Mª Luisa; Allariz Villanueva, Mª del Pilar; Carneiro Hombre, Isabel; Corbelle Romero, Natalia; Fernández Álvarez, Patricia; Rodríguez Domínguez, Palmira; Romeu Caamaño, Katia; Romero Figueira, Silvia; Suárez Rama, José Javier (2008). Ríos de Galicia e augas interiores. Aulas Náuticas Medioambientais. Ir Indo. p. 65. ISBN 978-84-7680-629-6. 
  7. [Toponimia del Concejo de Pontedeume y Cartas Reales de su puebla y alfoz, 1987; Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega, 2002.]
  8. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. 
  9. Outras fontes falan dos ríos Landro, Sor e Eume ou ben o Landrove, o Masma e o Xuvia.
  10. Sandoval, Antonio; Sineiro, Ramón; Figueroa, Roberto; de Castro, Carlos (2003). Fragas do Eume, parque natural. Ilustrado por Nicolás Fernández, Miguel Ángel Pol e Pedro Zas. Fotografías de Miguel L. Caeiro, Luis Iglesias, Víctor Rivera e Álvaro Ramos. Xunta de Galicia. pp. 52–53. DL C-81/2003. 
  11. Vítor Vaqueiro, 195.
  12. As Pontes se prepara para albergar el mayor lago de Galicia Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
  13. "Feijóo anuncia el plan para la gestión del lago de As Pontes". La Opinión (en castelán) (A Coruña). 16/5/2012. Consultado o 13 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fragas do Eume. Parque natural. Xunta de Galicia. D.L. C-81/2003
  • Geografía de Galicia (Tomo I). Dirección: Mª Pilar de Torres Luna. Ed. Faro de Vigo. D.L. V-3338.2000
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 195.