A Balsa, Muras

parroquia civil do concello de Muras

Santa María da Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2019 tiña 86 habitantes (41 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso con respecto ao ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab./km²). Ten 23 lugares.

A Balsa
Igrexa de Santa María da Balsa.
ConcelloMuras[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°26′00″N 7°38′00″O / 43.433333, -7.633333Coordenadas: 43°26′00″N 7°38′00″O / 43.433333, -7.633333
Poboación83 hab. (2020)
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Limita coas parroquias do Viveiró (concello de Muras), Vilapedre, San Simón da Costa (concello de Vilalba), Montouto (concello de Abadín) e O Cadramón (concello do Valadouro).

Pertence á serra do Xistral, e toda a parroquia está protexida pola Rede Natura como turbeira. Na parte balsega da serra, no lugar de Camposas de Abaixo, nace o río Eume. Este río transcorre, despois de pasar por Montouto, polo límite entre A Balsa e San Simón da Costa e Vilapedre.

Patrimonio editar

 
Porta lateral da igrexa de Santa María da Balsa na que se pode ler "ES YGLESIA DE REFUGIO".

A igrexa parroquial foi construída no século XII e rematada no XIII. Está fabricada con cachotería de granito e cuberta con lousa, é de planta rectangular e consta de pórtico, nave rectangular, capela maior e sancristía na cabeceira. Tanto fachada coma pórtico e capela maior datan do século XVII. A fronte ten a porta principal, con arco alintelado. A espadana elévase sobre a sancristía: é de dous corpos e tres vans e data do século XVIII. Ten unha porta lateral no muro dereito con arco oxival do século XIII visible dende o interior do edificio, pois leva lintel exterior con inscrición Es iglesia de refugio. No interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior renacentista e retablos laterais barrocos, con tallas.

Economía editar

A economía da parroquia depende en gran parte do sector gandeiro e das pensións de xubilación. Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica coas empresas Acciona e Norvento, pero non repercute no emprego da poboación local.

Lugares e parroquias editar

Lugares da Balsa editar

Lugares da parroquia da Balsa no concello de Muras (Lugo)

O Aguillal | O Alto | As Bargañas | Bustate | Cabana | Carreiros | Os Carrís | A Casa Lousada | O Castro | O Cotelo | Currás | Ferreiro | Ferreiros | A Fonqueixeira | Os Orxás | Pardiñas | Os Pereiros | Ponte Bermuz | A Ponte | Rego | Suapena | Taboi | Vilariño

Parroquias de Muras editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Muras

Ambosores (Santa María) | A Balsa (Santa María) | O Burgo (Santa María) | Irixoa (San Xillao) | Muras (San Pedro) | Silán (Santo Estevo) | O Sisto (Santa María) | O Viveiró (Santa María)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar