Gonzalo Navaza

filólogo, profesor, escritor e tradutor galego

Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo.[1] Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).

Infotaula de personaGonzalo Navaza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPeitieiros Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Director de teseAntón Santamarina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , lingüista , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXavier Navaza Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 145 Dialnet: 1053573

Traxectoria editar

É o menor de once irmáns, entre eles Xavier e Luís. En 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga, en Cataluña.

Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988,[2] chegando a crear o máis vendido da historia do galego, O pequeno Xerais.

O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn), onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

En 1997 tivo un grave accidente de tráfico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.[3]

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[4] En 2021 foi escollido académico de número da RAG,[5] ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín, respondido por Antón Santamarina.[6]

Forma parte do grupo de traballo que desenvolve o Paradigma da Continuidade Paleolítica para as orixes das linguas indoeuropeas.[7]

Obra editar

 

Poesía editar

Narrativa editar

Infantil editar

Ensaio editar

Traducións editar

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, 1985, Xerais. Tradución e edición con Francisco Bedoya.
  • Diccionario Xerais da lingua, Xerais.
  • Pequeno diccionario Xerais da lingua, Xerais.
  • O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1987, Xerais. Tradución con Marisa Méndez Anta.
  • Diccionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais.
  • Diccionario Xerais de sinónimos, termos afíns e contrarios, 1995, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros, 1996, Xerais. Con Xosé Ramón Pena.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. Volume 2, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento": Santiago de Compostela, 2, 3, e 4 de setembro de 2002, 2007, Asociación Galega de Onomástica.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000 = Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios editar

Notas editar

  1. "Gonzalo Navaza Blanco. Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-10-16. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-16. 
  3. "Gonzalo Navaza". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-16. 
  4. "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. 20 de xullo de 2012. 
  5. "O pleno da Real Academia Galega elixe a Gonzalo Navaza académico de número". Real Academia Galega. 23 de outubro de 2021. 
  6. "“Na toponimia prodúcese o encontro entre dous ámbitos que moven a miña paixón, a terra e mais a lingua”". Real Academia Galega. 5 de novembro de 2022. 
  7. [1]. Páxina do Paradigma da Continuidade Paleolítica. Consultado o 27 de abril de 2017.
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar