Muras
Coordenadas: 43°28′01.8″N 7°43′22.2″O / 43.467167, -7.722833
Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).
Muras | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | muresán (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Terra Chá |
Poboación | 606 hab. (2022)[2][3] |
Área | 163,8 km²[3] |
Densidade | 3,7 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Capital do concello | Muras |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Manuel Requeijo Arnejo (BNG [6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Muras | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 90,23% |
Na rede | |
muras.gal | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos como Ferrol, A Coruña ou Lugo.
HistoriaEditar
Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.
O municipio constituíuse como tal en 1835, e estivo integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado no de Vilalba.
En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).
PatrimonioEditar
A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non forma parte no conxunto.
A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.
PoboaciónEditar
Censo total | 636 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 32 (5.03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 332 (52.20 %) |
Maiores de 65 anos | 272 (42.77 %) |

Evolución da poboación de Muras Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.272 | 3.085 | 3.129 | 2.228 | 978 | 830 | 784 | 754 | 723 | 696 | 684 | 668 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EconomíaEditar
A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, nos que destacan as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.
Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.
Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.
Placa da Praza de Cándida Bello, no Viveiró
Nacemento do río Landro na serra do Xistral.
Vistas do parque eólico de Muras.
Lugares de MurasEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Muras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Muras". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muras |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |