Río Landro
O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².
Landro | |
---|---|
País | ![]() |
Nacemento | Serra do Xistral O Viveiró |
Lonxitude | 42 km |
Conca | 268 |
Desembocadura | Ría de Viveiro |
PercorridoEditar
Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suroeste da serra do Xistral, a 800 m de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recibe as augas dos regatos da Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarido e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia de Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma unha pequena zona húmida. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do río Landro.
Nacemento no Viveiró