Fervenza

caída vertical dun curso de auga
(Redirixido desde "Cachoeira")

Unha fervenza[1], tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.

Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.

Unha gran fervenza recibe o nome de catarata[2] mentres que unha pequena denomínase cachoada[3], ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.

Galería de imaxesEditar

CataratasEditar

 
Fervenzas e área nevada no Parque de Ordesa.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fervenza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catarata.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachoada.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar