Río Belelle
O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita. A súa etimoloxía é de orixe claramente indoeuropea, podendo vir o nome, tanto do deus celta solar Belenos, facendo referencia á claridade das súas augas, ou tamén podería vir da palabra latina "uilla", que fai referencia a un asentamento agrícola nos arredores.
Río Belelle | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Nacemento | Goente, As Pontes |
Lonxitude | 31,4 km[1] |
Desembocadura | Ría de Ferrol |
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do río Belelle.
-
Ponte peonil sobre o río en Santa María de Neda
-
Muíño no río Belelle ó seu paso polo Roxal en Neda en fase de recuperación.
-
Fervenza no río Belelle
-
Fervenza no río Belelle
-
Fervenza no río Belelle, Fene.
Notas editar
- ↑ "Club de Montaña de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2013.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |