Fervenza do Tequendama

Fervenza de Colombia

Coordenadas: 4°35′10″N 74°18′0″O / 4.58611, -74.30000

fervenza do Tequendama (en castelán: salto del Tequendama) é unha fervenza natural de Colombia, que se atopa no concello de Soacha, no Departamento de Cundinamarca. Atópase a preto de 30 km ó suroeste de Bogotá.

Fervenza do Tequendama.

CaracterísticasEditar

Segundo un mito muisca, formouse por acción divina para evacuar as augas que asulagaban a sabana de Bogotá. Algúns estudos sinalan que isto puido ocorrer efectivamente, e que a súa formación puido darse nun curto lapso.[1]

Tras percorrer máis de 100 km polo altiplano cundiboyacense e a sabana de Bogotá, o río Bogotá cae dende aproximadamente 157 metros sobre un abismo rochoso de forma circular formando a fervenza, que se acha nunha rexión boscosa de neblina permanente. Administrativamente pertence ó concello de Soacha. Parte das súas augas tamén son alimentadas polo soborde da Represa do Muña.

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 04 de decembro de 2017.