Cundinamarca
Cundinamarca é un departamento de Colombia. Ten como capital a Bogotá. Atópase no centro do país, na rexión andina, limitando polo norte con Boyacá, polo leste con Casanare, polo sur con Meta e Huila, polo oeste con Tolima e Caldas, e co distrito capital de Bogotá ó que engloba agás pola fronteira sur deste. Cobre 23.960 km² e ten 2 800 000 habitantes (2018), sendo o terceiro departamento máis poboado, por detrás de Antioquia e Valle del Cauca. Con 111 hab/km², é o sétimo máis densamente poboado, por detrás de San Andrés e Providencia, Atlántico, Quindío, Risaralda, Valle del Cauca e Caldas.[1][2]
Cundinamarca | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Cundinamarca: ¡Unidos podemos más! | |||
Himno: Himno de Cundinamarca | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Bogotá | ||
• Poboación | 8 080 734 hab. (2016) | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Forma de goberno | Departamento | ||
Gobernador | Jorge Emilio Rey (2016-2019) | ||
Constitución | 5 de agosto de 1886 | ||
Superficie | Posto 22 de 33º | ||
• Total | 24.210 km² | ||
Poboación | Posto 4 de 33º | ||
• Total | 2 804 238 (2018)[1][2] hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Xentilicio | Cundinamarqués/a | ||
Fuso horario | UTC-5 | ||
Dominio de Internet | .co | ||
Prefixo telefónico | (1) | ||
Código ISO | CO-CUN | ||
Divídese en 116 municipios distribuídos en 15 provincias e o distrito da capital. Foi creado o 5 de agosto de 1886 baixo a constitución de dito ano.[3]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Censo General 2005 - Proyecciones nacionales y departamentales de población 2005-2020" (PDF). Departamento Administrativo Nacional de Estadística. marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2013.
- ↑ "Gobernación de Cundinamarca, historia do departamento" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 8 de xaneiro de 2009.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cundinamarca |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |