Huila
Departamento de Colombia
Huila é un dos 32 departamentos de Colombia e atópase na rexión natural andina. A súa capital é Neiva, considerada como unha das cidades máis importantes do sur de Colombia. Foi creado pola lei 46 do 29 de abril de 1905, constituído pola provincia de Neiva e a do sur, pertencentes ó antigo Estado Soberano do Tolima. O 15 de xuño do mesmo ano, iniciou a súa vida independente baixo a administración do doutor Rafael Puyo Perdomo.[3]
Huila | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Plaus Libertadus (do latín: "Patria e Liberdade") | |||
Himno: Himno do Huila | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Neiva | ||
• Poboación | 345 806 hab. (2016) | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Forma de goberno | Departamento | ||
Gobernador | Carlos Julio González Villa (2016-2019) | ||
29 de abril de 1905 | |||
Superficie | Posto 26 de 33[1][2]º | ||
• Total | 19 890 km² | ||
Poboación | Posto 15 de 33º | ||
• Total | 1 168 910 (2016) hab. | ||
• Densidade | 125,5 hab./km² | ||
Xentilicio | Huilense ou Opita | ||
Fuso horario | UTC-5 | ||
Dominio de Internet | .co | ||
Prefixo telefónico | (8) | ||
Código ISO | CO-HUI | ||
A superficie do departamento é de 19 890 km2 que representa tan só un 1,74% da superficie total do país.[4] De acordo co DANE, posúe unha poboación estimada de 1 168 910 habitantes; atópase dividido en 37 concellos, así como numerosos casaríos e sitios poboados.
NotasEditar
- ↑ "Departamento del Huila". Sociedad Geográfica de Colombia. Consultado o 1 de xullo de 2015.
- ↑ "Información general del Huila". Gobernación del departamento. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2015.
- ↑ "Generalidades del departamento". Gobernación del Huila. Consultado o 6 de abril de 2012.
- ↑ "Información Huila". Departamento Admon de Planeación. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)