Caquetá
Caquetá é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase localizado no suroccidente do país, na rexión amazónica colombiana, sendo Florencia a súa capital. A rexión do Caquetá iniciase ao pé do monte andino e remata nos escarpes de Araracuara, en plena selva amazónica. Grandes ríos regan o territorio, tódolos afluentes do río Caquetá, que lle serve de límete polo sur. Entre estes ríos destacan o Ajajú ou Apaporis, o Yarí, o Caguán e o Orteguaza, navegábeis por embarcacións menores.
Departamento del Caquetá (es) ![]() | |||||
Lema | «Libertad, Paz y Progreso» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Colombia ![]() | ||||
Capital | Florencia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 410.521 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua minica Lingua bora Lingua yucuna Lingua murui Lingua andoque Lingua andaquí Lingua tama Lingua koreguaje Lingua muinane Lingua macaguaje Lingua inga da xungla ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88.965 km² ![]() | ||||
Altitude | 182 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 15 de decembro de 1981 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | despacho do gobernador de Caquetá ![]() | ||||
• Gobernador ![]() | Álvaro Pacheco Álvarez (2016–2019) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Departamental de Caquetá Circunscrición: 0, (Escano: 11) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CO-CAQ ![]() | ||||
Sitio web | caqueta.gov.co ![]() |
A excepción das poboacións que moran baixo as bases da corilleira, e uns poucos casaríos indíxenas nas marxes dos grandes ríos, o resto do territorio áchase practicamente deshabitado e cuberto de espesa selva tropical húmida, cunha temperatura de entre 27º e 29º.
Os solos están compostos sobre rocas metamórficas da serie das Guaianas, ademais de arenitas de roraima e do Cretáceo. Tamén aparecen cara a cunca do Caquetá rocas sedimentarias do Cenozoico.
Etnografía
editarMunicipalidades
editarEconomía
editarEconomicamente, o territorio é rico en madeiras, resinas, plantas medicinais e gomas. Os solos, especialmente os que lindan coa cordilleira, son fértiles, e aproveitanse con cultivos de arroz, plátano, iuca, cacao e cana de azucre. No pé do monte, existen depósitos de estaño e carbón.
A fauna é diversa e abundante, tanto a terrestre como a fluvial.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)