Roraima
Roraima (que en pemón, unha das linguas indíxenas do Brasil, significa monte verde) é un estado do Brasil situado na Rexión Norte. A máis setentrional das unidades da federación brasileira ten como límites Venezuela ao norte e noroeste, Güiana ao leste, Pará ao sueste e o Estado do Amazonas ao sur e ao oeste. Ocupa unha área de 225.116,1 km² e a súa capital é Boa Vista.
Roraima | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Hino do estado de Roraima | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Boa Vista | ||
• Poboación | 300.959 (2012) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | José de Anchieta Júnior (PMDB) | ||
Fundación | 1988 | ||
Superficie | Posto 14º | ||
• Total | 224.298 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 27º | ||
• Total | 469.524 (2012) hab. | ||
• Densidade | 2,1 hab./km² | ||
Xentilicio | Roraimense | ||
Fuso horario | BRT-1 (UTC-4) | ||
• Horario de verán | BRST-1 (UTC-3) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-RR | ||
Estados do Brasil | |||
HistoriaEditar
O territorio disputárono os luso-brasileiros, holandeses, españois e ingleses, pero o poboamento por parte dos brancos só comezou realizarse no século XVIII, despois da morte de moitos indíxenas.
A creación da freguesía de Nossa Senhora do Carmo, en 1858, transformada en municipio de Boa Vista en 1890, consolidou a organización local. A disputa polas terras con Inglaterra na fronteira güianesa só terminou definitivamente en 1904, despois da arbitraxe do rei Vitor Manuel II de Italia, que deixou fóra do Brasil partes do territorio do Pirara, incorporado á Güiana Inglesa.
En 1943 creouse o Territorio Federal de Rio Branco, que, en 1962, pasou a denominarse Roraima. Coa constitución brasileira de 1988 converteuse en estado. Actualmente, empeza a destacar a produción de soia.
XeografíaEditar
O clima do estado é ecuatorial (N, S e O) e tropical (E). Gran parte do estado está cuberta pola selva amazónica, cunha pequena superficie de sabana ao leste. O punto máis alto do estado é o Monte Roraima, con 2.875 metros de altitude.
EconomíaEditar
A economía do Estado ten por base a agricultura, a gandería e a extracción de (madeira, ouro, diamantes e minas de estaño). Roraima ten poucas industrias, e o turismo tamén ten pouca importancia. O principal centro de comercio e servizos do estado é a súa capital, Boa Vista.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roraima |