Altitude

distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado

A altitude é a distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado, considerado como o nivel cero, para o que se adoita tomar o nivel absoluto do mar.

Altitude da cidade de Pontevedra: 20 m sobre o nivel do mar en Alacant.

Na meteoroloxía a altitude é un factor de cambios da temperatura, provocando que diminúa a temperatura aproximadamente 1 °C cada 180 m.

En xeografía a altitude é a distancia vertical dun punto da terra respecto o nivel do mar.

En aviación, o termo altitude utilízase para describir a elevación sobre o nivel medio do mar, en contraste coa altura que se refere á elevación sobre un punto de referencia da superficie; e o nivel de voo que é a elevación respecto á presión estándar medida mediante un altímetro.

En Europa continental, case toda Iberoamérica e noutras partes do mundo a altitude mídese en metros. En Norteamérica e o Reino Unido mídese xeralmente en pés; pero ambos países acordaron ir cambiando eses sistemas de medición polo Sistema Internacional de Unidades (SI). En aviación, xeralmente utilízanse os pés como unidade para a navegación.

Unidade de medida

editar

Frecuentemente utilízase o valor en metros seguido da abreviatura "msnm" (metros sobre o nivel do mar) para designar unha altitude.

En España tómase normalmente como referencia para o cálculo da altitude o nivel medio do mar na cidade de Alacant.