Estado do Amazonas, Brasil

estado federado do Brasil

O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao leste, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, o Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superficie de 1 577 820,2 km2, un pouco máis grande que a Mongolia. A súa capital é a cidade de Manaus. Ademais da capital, as cidades máis importantes son: Coari, Manacapuru, Tefé, Parintins, Itacoatiara e Tabatinga.

Amazonas
Bandeira do Amazonas (Brasil)
Escudo do Amazonas (Brasil)
BandeiraEscudo
Amazonas in Brazil.svg
Himno: Hino do Amazonas
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalManaus
 • Poboación1 861 838 (2012)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
José Melo (PROS)
Fundación1889
SuperficiePosto 1º
 • Total1 570 745 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas0 km
PoboaciónPosto 14º
 • Total3 590 985 (2012) hab.
 • Densidade2,3 hab./km²
XentilicioAmazonense
Fuso horarioBRT-1 (UTC-4)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-AM
Estados de Brasil

HistoriaEditar

Dende 1494 polo Tratado de Tordesillas, a rexión do actual estado do Amazonas pertencía a España. A pesar disto, a foz do Río Amazonas non foi descoberta ata febreiro de 1500 polo navegador Vicente Yáñez Pinzón, tres meses antes da viaxe de Pedro Álvares Cabral. Catro meses despois, o primo de Pinzón, Diego de Lepe, tamén alcanzou a rexión. Entre 1540 e 1542 outros españois, Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana, partiron de Quito no actual Ecuador e chegaron ó Océano Atlántico. Estes relataron que, durante a viaxe, foron atacados por mulleres índíxenas, o que popularizou o nome Amazonas, en referencia ás mulleres guerreiras da mitoloxía grega.

Despois que ocorreu a unión das coroas portuguesa e española en 1580, os portugueses foron progresivamente ocupando a rexión. Co Tratado de Madrid de 1750 a rexión pasou definitivamente á soberanía portuguesa. A Provincia do Amazonas foi creada en 1850 polo imperador Pedro II do Brasil. Despois da proclamación da república e da adopción dunha nova Constitución para o Brasil en 1891, o Amazonas tornouse un estado.

A bandeira foi adoptada por Lei nº 1513 de 14 de xaneiro de 1982. As 25 estrelas no canto esquerdo superior representan os 25 municipios en que se dividía o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela maior representa a capital, Manaus. As dúas franxas brancas na horizontal representan esperanza e a franxa vermella, as dificultades superadas.

XeografíaEditar

A vexetación predominante no estado é a Foresta Amazónica, famosa pola súa gran biodiversidade, e que pode ser dividida en tres: foresta de terra firme, várzea (rexión de pantano de auga doce, inundada durante algúns meses) e igapó (vexetación permanentemente inundada). O clima é ecuatorial, quente e húmido, con chuvias moi intensas durante todo o ano. No estado sitúase a montaña máis alta do Brasil: o Pico da Neblina, co 2 994 metros de altitude.

EconomíaEditar

 
A foresta Amazónica.

Máis aló da explotación vexetal (especialmente o caucho) e da agricultura (especialmente mandioca e laranxa), son tamén moi importantes para a economía do estado as industrias da Zona Franca de Manaus, principalmente de equipamentos electrónicos: televisores, DVDs etc.

Os grandes ríos, como o Amazonas, o Solimões, o Negro, o Purus e o Madeira son importantes vías de transporte no estado, pero tamén hai estradas, como a BR-174 que liga Manaus ao litoral da Venezuela, pasando polo estado brasileiro de Roraima.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar