Pará

estado federado do Brasil

O Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte. Ten como límites o Suriname e o Estado do Amapá ao norte, o Océano Atlántico ao nordeste, o Maranhão ao leste, o Tocantins ao sueste, Mato Groso ao sur, o Amazonas ao oeste e o Estado de Roraima e a Güiana ao noroeste. Área: 1.253.164,5 km². A súa capital é Belém do Pará. As cidades máis importantes son Belém, Santarém, Marabá, Altamira, Castanhal e Abaetetuba.

Pará
Bandeira do Pará
Escudo do Pará
BandeiraEscudo
Para in Brazil.svg
Himno: Hino do Pará
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalBelém
 • Poboación1.402.056 (2011)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Elder Barbalho (MDB)
Fundación1616
SuperficiePosto 3º
 • Total1.247.689 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas562 km
PoboaciónPosto 9º
 • Total7.792.561 (2012) hab.
 • Densidade6,2 hab./km²
XentilicioParaense
Fuso horarioBRT (UTC-3)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-PA
Estados do Brasil

XeografíaEditar

Relevo e hidrografía

O seu relevo é baixo e plano; o 58% do territorio encóntrase abaixo dos 200 metros. As altitudes superiores a 500 metros están nas Serras de Carajás, Caximbinho e Acari. Os ríos principais son os ríos Amazonas, Tapajós, Tocantins, Xingu e Jari.

Vexetación

Grande parte do estado é cuberta pola selva amazónica, co súa grande biodiversidade. Nalgunhas rexións ó sur do estado a selva foi substituída por cultivos, principalmente soia.

Clima

O clima predominante é ecuatorial, moi húmido e co intensas chuvias principalmente no verán.

EconomíaEditar

A súa economía baséase na extracción mineral (ferro, bauxita, manganeso, calcario, ouro, estaño) e vexetal (caucho), e tamén na agricultura, na gandería e na industria (aluminio).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar