Abrir o menú principal

Maranhão

estado do Brasil

Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o Océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.

Maranhão
Bandeira do
Escudo do
BandeiraEscudo
Maranhao in Brazil.svg
Lema: Per Ardua Surgo
(Latín: Pola dificultade, venzo)
Himno: Hino do estado do Maranhão
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalSan Luís
 • Poboación1 039 610 (2012)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Roseana Sarney (PMDB)
Fundación1889
SuperficiePosto 8º
 • Total331 983 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas640 km
PoboaciónPosto 10º
 • Total6 714 314 (2012) hab.
 • Densidade20 hab./km²
XentilicioMarañense
Fuso horarioBRT (UTC-3)
 • Horario de veránBRST (UTC-2)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-MA
Estados do Brasil

XeografíaEditar

 
Paisaxe dos Lençóis.

Diferente de outros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:

  • ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
  • no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
  • próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
  • no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
  • finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.

EconomíaEditar

As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concentrase na capital, São Luís. O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar