Abrir o menú principal

A lingua nheengatu, tamén coñecido como tupí moderno,[2] é unha lingua indíxena de América da familia tupí-guaraní. O nome da lingua deriva das palabras nheen (que quere dicir "lingua" ou "falar") e gatu (que quere dicir "bo").[3][4] É a variedade da lingua tupí que aínda sobrevive, sendo falada por preto de 19 000 persoas da rexión do curso alto do río Negro no estado brasileiro do Amazonas, así como nas áreas limítrofes de Colombia e Venezuela.

Nheengatu
ñe'engatú
Outros nomes:Tupí moderno
Falado en: Brasil, Colombia e Venezuela
Total de falantes: 19 000 (2004–2008)[1]
Familia: Americana
 Tupiana
  Tupí-guaraní
   Tupí
    Nheengatu
Escrita: latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: São Gabriel da Cachoeira
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yrl

Durante os séculos XVI e XVII o nheengatu a variedade máis crioula desta lengua converteuse en lingua franca. Esta forma crioula foi estandarizada polos xesuítas con base no tupinamba. Nesta variante crioula, o nheengatu foi a principal lingua usada polos colonizadores até que o goberno de Portugal insistiu en que a lingua de colonización debía ser o portugués e non o nheengatu. No seu auxe a comezos do século XVIII, chegou a ser a lingua dominante do Brasil, sendo falada non só por indíxenas e misioneiros, senón tamén por colonos de sangue europeo e escravos africanos, e tendo máis falantes que o portugués no Amazonas e no Pará até 1877.[5]

Durante os séculos XVIII e XIX aínda tiña amplo uso no interior do Brasil, pero foi perdendo terreo durante o século XX perante o portugués oficial. En 2003 adquiriu o status de lingua cooficial no concello de São Gabriel da Cachoeira, xunto co portugués.[2]

NotasEditar

  1. ethnologue.com (ed.). "Nheengatu". 
  2. 2,0 2,1 NAVARRO, E. A. Método moderno de tupi antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos. 3ª edição. São Paulo. Global. 2005. p. 13.
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edição. Río de Xaneiro. Nova Fronteira. 1986. p.1 192.
  4. Alves Jr, Ozias (2010). L'Harmattan, ed. Parlons Nheengatu: Une langue tupi du Brésil. París. ISBN 978-2-296-13259-7. 
  5. NAVARRO, E. A. Dicionário de tupi antigo: a língua indígena clássica do Brasil. São Paulo. Global. 2013. p. XVIII.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar