Lingua tupí

O tupí antigo ou tupí clásico[1][2] é unha lingua da familia tupí que foi falada polos nativos tupís do Brasil, maioritariamente os que vivían preto do mar. Pertence á familia tupí–guaraní, e ten unha historia escrita que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. No período colonial o tupí foi empregado como lingua franca polos europeos así como polos amerindios e tivo uso literario, mais foi posteriormente suprimido até a extinción, deixando só unha lingua moderna descendente cun significativo número de falantes, o nheengatu.

Tupí
Tupinambá
Falado en: Brasil
Extinción: Século XVIII
(sobrevive como nheengatu)
Familia: Americana
 Tupí
  Tupí-guaraní
   Tupí
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
tpw — Lingua tupí
tpn — Lingua tupinambá
yrl — Lingua nheengatu
tpk — Lingua tupiniquim

Os nomes tupí antigo ou tupí clásico son termos empregados polos estudosos modernos, mais os falantes nativos chamárono ñeengatú "a lingua boa", ñeendyba "lingua común", abáñeenga "lingua humana", ou "lingua xeral" e "lingua brasileira".

NotasEditar