Pobos tupís

(Redirección desde «Pobo tupí»)

Os tupís[1][2] foron un dos máis importantes pobos indíxenas do Brasil. O sentido xenérico do termo remite ós indíxenas que habitaban na costa brasileira no século XVI e que falaban a lingua tupí antiga. O sentido específico do termo remite ós indíxenas que habitaban na rexión da actual cidade de São Vicente, na mesma época.[3] Os estudosos cren que primeiro estaban asentados na selva amazónica, pero o -900 comezaron a espallarse cara o sur e a ocupar gradualmente a costa atlántica.[4]

Pobos tupís
Pinturas de tupís, por Albert Eckhout.
Poboación
Poboación total:
Potiguara: 10 837
Tupinamba de Olivença: 3 000
Tupiniquim 2 630
Rexións principais:
BrasilRexión central e costeira
Aspectos culturais
LinguaLinguas tupís
Relixiónrelixión tradicional, cristianismo
Grupos
relacionados
pobo guaraní

Orixe editar

 
Distribución dos grupos indíxenas na costa do Brasil no século XVI. A maior parte deles (mais non todos) eran do grupo tupí.

Estudos demonstran que os tupís terían habitado orixinalmente os vales dos ríos Madeira e Xingu, que son afluentes da beira meridional do río Amazonas.[5] Estas tribos, que sempre foran nómades, terían iniciado unha migración en dirección á foz do río Amazonas e, dende alí, polo litoral e cara ó sur. Suponse que esta migración, que tamén se produciu no interior do continente no sentido norte-sur, terían comezado a comezos da era cristá.[5]

Nunha hipótese alternativa, o folclorista Luís da Câmara Cascudo sinala a rexión dos ríos Paraguai e Paraná como o centro orixinal da dispersión dos tupís-guaranís (incluíndo o o pobo guaraní xunto cos tupís).[6]

Algúns autores sospeitan que, nesta traxectoria, os tupís se enfrontaron ós tupinambas, que xa habitaban o litoral; outros sustentan que só se trataba de levas sucesivas do mesmo pobo, os posteriores encontrando os anteriores xa estabelecidos. Certo é que, nese processo, as tribos tupís derrotaron as tribos tapuias que xa habitaban o litoral brasileiro, expulsándoas, entón, para o interior do continente, por volta do ano 1000.[5]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tupí.
  2. Definición de tupí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. NAVARRO, E. A. Método moderno de tupi antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos. 3ª edição. São Paulo. Global. 2005. p. 11,12.
  4. "Saída dos tupi-guaranis da Amazônia pode ter ocorrido há 2.900 anos". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 BUENO, E. Brasil: uma história. 2ª edição. São Paulo. Ática. 2003. p.19.
  6. CASCUDO, L. C. Geografia dos mitos brasileiros. 3ª edição. São Paulo. Global. 2002.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar