Lingua tupiniquim

lingua morta da familia tupí-guaraní

O tupiniquim ou tupinaki é unha lingua indíxena extinta[1] anteriormente falada por membros do pobo tupiniquim nos estados brasileiros de Espírito Santo e Baía. Esta lingua formaba parte da familia tupí-guaraní. A lingua xa non é falada como lingua nativa por ningún membro da etnia que dende hai xeracións.[2] Aínda hai unha poboación de arredor de 1 390 tupiniquim, mais a seu idioma ancestral deixou de falarse arredor de 1960,[3] e agora teñen a lingua portuguesa como lingua nai. O tupiniquim comezou a ser ensinado como segunda lingua en aldeas tupiniquim a partir de 2004.[4]

Tupiniquim
Tupinaki
Falado en: Brasil
Extinción: c. 1960
Familia: Americana
 Tupí
  Tupí-guaraní
   Subgrupo III
    Tupiniquim
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tpk
Mapa
Status
A lingua tupiniquim e outras variedades tupís no Brasil no século XVI.

Notas editar

  1. Ethnologue.
  2. "Tupiniquim" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  3. "Tupinikin". Ethnologue (en inglês). 
  4. Povos Indígenas no Brasil: 2001/2005. São Paulo: Instituto Socioambiental. 2001. p. 770.