As linguas tupís[2][3] son unha familia de linguas que abrangue unhas 76 linguas faladas en América do Sur, das cales as máis coñecidas son o tupí e o guaraní. É a familia de maior extensión xeográfica en América do Sur, estendéndose dispersamente tanto na Amazonia como na Conca do Prata. Comprende 10 subfamilias, das cales as máis estendidas tanto xeográfica como demograficamente son as linguas tupí-guaranís.

Tupís
Falado en: Bolivia, o Brasil, Paraguai, o Uruguai e norte da Arxentina.
Total de falantes: ~5 040 000 (2009)[1]
Familia: Prototupí
 Tupís
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar