Lingua warekena

lingua da familia arauaca

A lingua warekena, ou de maneira máis precisa warekena de Xié, é unha lingua da familia arauaca falada no Brasil e no concello de Maroa, en Venezuela, a carón do río Guainía. É unha das varias linguas (incluíndo o mandawaca, o barawana, o baniwa ou o piapoco) que recibe o nome xenérico de baré e baniwa/baniva, distinguíndose como baniva de Maroa ou baniva de Guainía.

Warekena
Outros nomes:Baniwa de Maroa
Baniwa de Guainía
Guarequena
Falado en: Venezuela e o Brasil[1]
Total de falantes: 650 (2001–2006)
Familia: Americana
 Arauaco
  Setentrional
   Arauaco do alto Amazonas
    Orinoco
     Warekena
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: gae
Mapa

Mapa das linguas arauacas. O warekena na fronteira entre Venezuela e o Brasil.
Status

O warekena está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Número de falantes

editar

Aikhenvald (1999) cifrou o número de falantes en 10 no Brasil e uns 200 en Venezuela.[3]

Características

editar

Os pronomes persoais en warekena fórmanse engadindo un sufixo enfático -ya aos prefixos persoais de referencia cruzada.[4]

  1. "A lingua warekena en Ethnologue". Consultado o 6 de xuño de 2024. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Aikhenvald (1999) The Arawak language family.
  4. Aikhenvald, Alexandra Y. (1998). "Warekena". En Derbyshire, Desmond C.; Pullum, Geoffrey K. Handbook of Amazonian Languages 4. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 225–439. doi:10.1515/9783110822120.  Cited in Bhat, D.N.S. 2004. Pronouns. Oxford: Oxford University Press. p. 25

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press.