Acre, Brasil
O Acre é un estado brasileiro situado no suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e o Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.
Acre | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Hino do Acre | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Río Branco | ||
• Poboación | 305.731 (2010) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | Tião Viana (PT) | ||
Fundación | 15 de xuño de 1962 | ||
Superficie | Posto 16º | ||
• Total | 164.122 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 25º | ||
• Total | 758.786 (2012) hab. | ||
• Densidade | 5 hab./km² | ||
Xentilicio | Acriano, acriana | ||
Fuso horario | BRT-1 (UTC-4) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-AC | ||
Estados do Brasil | |||
Un planalto con altitude media de 200 m domina grande parte do Acre. Os seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.
O ambientalista e líder sindicalista Chico Mendes, asasinado en 1988, e a ambientalista e política brasileira Marina Silva son orixinarios deste estado.
HistoriaEditar
Ata o inicio do século XX o Acre pertencía a Bolivia, pero dende o comezo do século XIX, grande parte da súa poboación estaba formada por brasileiros que exploraban o caucho e que, na práctica, acabaron creando un territorio independente. En 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros revolvéronse.
O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recibiu a posesión definitiva da rexión a cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construír o ferrocarril Madeira-Mamoré. Así, o Acre foi integrado ao Brasil como territorio.
O 15 de xuño de 1962, foi elevado á categoría de Estado.
EconomíaEditar
A economía do estado baséase na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho a fins do século XIX e comezo do XX.
Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acre |