Bandeira do Acre
A bandeira do Acre é un dos símbolos oficiais do estado do Acre, no Brasil.[1] A bandeira actual foi presentada pola Lei nº. 1170 o 22 de decembro de 1995, adoptando o deseño da bandeira da República do Acre.
Bandeira do Acre | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 7:10 |
Adopción | 22 de decembro de 1995 |
Cores | Verde Amarelo Vermello |
O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción 7:10, dividido por unha liña diagonal dende a esquerda inferior á dereita superior. A esquerda superior é amarela cunha estrela vermella na esquina, e o dereita inferior é verde.[2]
Simbolismo
editarAs principais cores da bandeira (verde e amarelo) son as mesmos que a bandeira do Brasil e son unha representación da integración no Brasil; por separado cada cor ten un significado específico:
- A cor amarela, que representa a paz;
- A cor verde na esperanza.
A estrela vermella na esquina superior esquerda, chamada a "Estrela Solitaria", representa o sangue dos valentes que loitaron pola anexión do estado do Acre ao Brasil. A bandeira foi adoptada oficialmente polo gobernador Epaminondas Jácome.
-
11:20 Bandeira do Estado Independente do Acre (1899-1900)
-
11:20 Bandeira da República do Acre (1902-1903)
-
Reverso da bandeira do Acre.
Notas
editar- ↑ ALVES. Derly Halfeld. Bandeiras: nacional, históricas e estaduais. Brasilia. Edições do Senado Federal, 2011. ISBN 978-85-7018-358-3.
- ↑ "Bandeira do Estado do Acre - cores, significados, dados - Sua Pesquisa". www.suapesquisa.com. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bandeira do Acre en Flags of the World (en inglés)