Flags of the World

Flags of the World ou FOTW (Bandeiras do Mundo en inglés) é unha asociación membro da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques desde 2001. Naceu como un sitio web dedicado á vexiloloxía, e segue mantendo esta publicación dixital, con máis de 29.000 páxinas e máis de 54.000 imaxes. É considerado como o sitio máis grande do seu tipo en Internet.

Bandeira de Flags of the World

Publícanse as contribucións enviadas á súa lista de correo polos máis de 800 membros de diferentes partes do mundo que se integran na asociación. Existe un comité editorial de voluntarios que administra e edita o sitio, que é actualizado semanalmente. Con todo, debido á gran cantidade de información que se manexa, moita desta información non se atopa actualizada. A páxina permite a creación de diferentes mirrors, os cales tardan ata meses en actualizarse, polo que poden ser considerados como fontes "históricas".

Convencións

editar
 
Paleta de cores FOTW.

As ilustracións de bandeiras publicadas en FOTW teñen un formato gif de 216 píxeles de altura, e usan unha convención de cores elixida de entre os 216 cores seguras do modelo de cor RGB. A esta convención denomínalla "paleta FOTW" e consta de 32 cores.[1]

  1. "FOTW colour guide". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar