Rondonia

estado federado do Brasil
(Redirección desde «Rondônia»)

Rondonia (en portugués, Rondônia) é un estado brasileiro da Rexión Norte. Limita ao norte co estado do Amazonas, ao leste o estado de Mato Groso, ao sur e oeste con Bolivia e tamén ao oeste o estado de Acre.

Rondonia
Rondônia
Bandeira de Rondonia
Escudo de Rondonia
BandeiraEscudo
Rondonia in Brazil.svg
Himno: Hino de Rondônia
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalPorto Velho
 • Poboación442.701 (2012)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Confúcio Moura (PMDB)
Fundación1889
SuperficiePosto 13º
 • Total237.576 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas0 km
PoboaciónPosto 23º
 • Total1.590.011 (2012) hab.
 • Densidade6,7 hab./km²
XentilicioRondoniense; rondoniano, rondoniana
Fuso horarioBRT-1 (UTC-4)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-RO
Estados do Brasil

HistoriaEditar

Soamente unhas poucas misións relixiosas existían na rexión do actual estado de Rondonia ata o século XVII. Coa descuberta de ouro no vale do Río Cuiabá no século XVIII, os primeiros exploradores comezaron a explorar tamén o vale do río Guaporé.

O seu poboamento comezou a crecer co ciclo de exploración do caucho, a mediados do século XIX, cando moitos migrantes do Nordeste brasileiro instaláronse na rexión. Outro impulso para o poboamento foi a construción do ferrocarril Madeira-Mamoré, inaugurado o 1907.

En 1943 a rexión tornouse o Território Federal de Guaporé, formado co terras desmembradas dos veciños estados de Amazonas e Mato Groso, e co gobernador nomeado polo Presidente da República. En 1956, o territorio foi bautizado de Rondonia en homenaxe a Cândido Mariano Rondon, militar desbravador da rexión. Despois de 1988, conforme determinou a constitución brasileira, tornouse un estado, pasando a ter o seu gobernador electo directamente pola poboación.

XeografíaEditar

 
O río Madeira e Porto Velho.

A vexetación orixinal de grande parte do estado é a Foresta Amazónica, pero parte dela foi substituída por cultivos durante o final do século XX. Hoxe, grande parte da súa poboación vive en cidades. As máis importantes son: a capital, Porto Velho, con 380 mil habitantes estimados o 2004; e tamén as cidades de Ji-Paraná, Ariquemes, Cacoal e Vilhena. O seu relevo non e moi ondulado: case 94% do seu territorio sitúase entre os 100 e os 600 metros sobre o nivel do mar. O clima é ecuatorial, que non ten propiamente unha estación seca.

Os ríos Madeira, Ji-Paraná, Guaporé e Mamoré son os ríos principais.

A súa economía baséase principalmente na agricultura (café, cacao, arroz, casava (mandioca) e millo son os principais), na extracción de caucho e madeira e na exploración mineral (estaño).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar