Laranxa (froita)
A laranxa é o froito da laranxeira (Citrus x sinensis), de forma esférica. O grosor da súa pel é moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). A parte exterior desta é, unha vez madura, de cor laranxa (de aí o nome da froita) e a parte interior é de cor branca. É habitual comela (retirándolle a pel) ou beber o seu zume.
Así, unha clasificación habitual desta froita faise en funcións de para que se considera mellor, tendo laranxas de zume e laranxas de mesa, aínda que é moi normal distinguilas tamén pola súa procedencia. Pode utilizarse como ingrediente en cociña e repostería.
Orixe
editarEsta froita é orixinaria da India, aínda que ás veces dise que é Vietnam o país de orixe. A froita orixinal é ácida cando se compara coas variedades modernas. É dubidoso que a laranxa ácida é a orixinal, e pode darse o caso de non existiren verdadeiramente especies selvaxes.
O cultivo da laranxa
editarO cultivo da laranxa é un negocio significativo, e unha importante parte das economías de varios países e rexións europeas, entre os cales podemos salientar España, Italia, Romanía, e a rexión do Algarve en Portugal. Noutros continentes hai produción significativa en Suráfrica, nos estados da Florida e California nos EUA, e o distrito 'Riverina' en Murray River en Australia.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Laranxa |
- laranjas ceasaminas.com.br (en portugués)
- Sweet Oranges: The Biogeography of Citrus sinensis aquapulse.net (en inglés)
- Nutrition data nutritiondata.com (en inglés)
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |