Bandeira do Amazonas (Brasil)

A bandeira do Amazonas é un dos símbolos oficiais do estado do Amazonas, no Brasil. A bandeira actual foi presentada por Lei 1513 o 14 de xaneiro de 1982.[1]

Bandeira do Amazonas
Bandeira do Amazonas
Características
Uso
Proporción15:21 (reducido a 5:7)
Adopción14 de xaneiro de 1982
Cores     Azul     Branco     Vermello

Deseño editar

O seu deseño consiste nun rectángulo cunhas proporcións ancho-lonxitude iguais a 15:21, dividido en tres bandas horizontais de igual ancho nas cores branco, vermello e branco. Na esquina superior esquerda hai un cantón azul na franxa branca, no que aparecen 25 estrelas brancas de cinco puntas, unha das cales destaca polo seu maior tamaño. As estrelas dispóñense do seguinte xeito: dúas liñas, unha na parte superior e outra na inferior con oito estrelas cada unha. Tamén hai oito estrelas dispostas en pares verticalmente entre as posicións superior e inferior iguais á primeira, terceira, sexta e oitava estrelas. No centro hai unha estrela máis grande que as demais.

Simbolismo editar

As 25 estrelas da esquina superior esquerda representan os 25 concellos nos que se dividiu o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela máis grande representa a capital, Manaus. As dúas franxas brancas horizontais representan a esperanza e a vermella, dificultades para superar.

Notas editar

  1. "Lei estatal 1513" (en portugués). 14 de xaneiro de 1982. Consultado o 12 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar