Lingua waimiri-atroari

lingua indíxena do Brasil

O waimiri-atroari é a lingua falada polo pobo waimiri-atroari, un pobo indíxena do Brasil. O pobo chámase a si mesmo kinja e chaman á súa lingua "kinja iara" (que quere dicir “lingua da xente”).[2] A lingua recibe moitos outros nomes, como atroahy, atroahí, atroarí, atroaí, atrowari, atruahi, atruahí, ki'nya, krishaná, waimirí, waimirí-atroarí ou yawaperí.[3] A lingua ten unha alta taxa de transmisión, xa que é falada por tódolos membros da comunidade e tamén é empregada na escrita e na lectura.[2]

Waimiri-atroari
Outros nomes:atruahí, waimiri-atroarí
Falado en: Brasil
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 930 (2001)
Familia: Caribe
 Waimiri-atroari
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: atr
Mapa
Status
Lang Status 80-VU.svg
O waimiri-atroari está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

NotasEditar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Do Vale, Maria Carmen. "Waimirir Atraori". pib.socioambiental.org. 
  3. "Waimiri-Atroari". Glottolog 3.3. Consultado o 28 de setembro de 2018.