Coordenadas: 00°15′00″S 78°35′00″O / -0.25000, -78.58333


San Francisco de Quito é a capital da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo.

Quito
Flag of Quito.svg
Coat of Arms of Quito.svg
Centro Histórico
Catedral Metroloitana Igrexa da Compañía
Basílica do Voto Nacional Distrito Financeiro de La Carolina
Praza Grande
Vistas da cidade
Localización
Quito en Ecuador
Quito
Quito
PaísFlag of Ecuador.svg Ecuador
ProvinciaPichincha
CantónQuito
DistritoDistrito Metropolitano de Quito
Xeografía
Altitude2.850 msnm
Superficie352 km²
Demografía
Poboación1 978 376 hab. (2019)[1]
Densidade5 703,79 hab/km²
XentilicioQuiteño/a[2]
Outros datos
Código postal17XXXX
AlcaldePabel Muñoz
Páxina oficial

Cunha poboación de 1.978.376 (datos do 2019), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos.

Algúns lingüistas especulan que o seu nome significa, en tsafiqui, lingua da etnia Tsáchila ou Indios Colorados, centro (Quitsa) do mundo (To).

Localización xeográficaEditar

A cidade de Quito encóntrase nas abas orientais do estratovolcán activo Pichincha, que está na Cordilleira Occidental dos Andes setentrionais de Ecuador. A Praza da Independencia no centro de Quito está situada a 2.850 m de altitude sobre o nivel do mar.

A cidade está no centro da provincia de Pichincha, no suroeste do foxo do río Guayllabamba. O foxo do Guayllabamba está rodeada por varios volcáns altos das cordilleiras Occidental e Central (tamén chamada Real). Os volcáns da Cordilleira Occidental que bordean o foxo inclúen, de norte a sur, o Pululahua, o Casitagua, o Pichincha, o Atacazo, o Corazón e o Illiniza. Os da Cordilleira Central inclúen o Cusinurcu, Cayambe, Saraurcu, Pambamarca, Filocorrales, Antisana, Sincholagua e Cotopaxi. Entre as dúas cordilleiras hai varios volcáns como o Moxanda, Ilalou, Pasochoa e Rumiñahui.

A cidade ten o segundo centro histórico máis grande de América, despois do existente na Habana en Cuba, e o máis grande de Suramérica. Os centros históricos de Cracovia en Polonia e de Quito foron os primeiros sitios en ser declarados Patrimonios Culturais pola UNESCO o 18 de setembro de 1978. Quito é sé arcebispal.

O aeroporto internacional da cidade chámase Aeroporto Internacional Mariscal Sucre, en honra a Antonio José de Sucre, un mariscal da Gran Colombia.

Dentro dos atractivos turísticos está a lomba de El Panecillo, onde se encontra unha estatua da Virxe de Quito inaugurada o 28 de marzo de 1976. Un atractivo turístico novo do Municipio de Quito é un teleférico, chamado ‘‘Telefériqo’‘ (con ‘‘q’‘ de ‘‘Quito’‘), que permite subir os visitantes a 4200 metros sobre o nivel do mar a Cruz Loma, que é unha lomba no leste do Pichincha, que se caracteriza por ter un ecosistema de páramo andino. Fóra da cidade, ao norte, na parroquia San Antonio do cantón Quito, existe un monumento para a liña ecuatorial, xunto cunha serie de locais comerciais chamada Cidade Metade do Mundo e administrada polo Consello Provincial de Pichincha.

Economía da cidadeEditar

 
Avenida Venezuela e Basílica do Voto Nacional.

(2001)

PolíticaEditar

División política da cidadeEditar

Actualmente, Quito está dividida en 19 parroquias urbanas, que se usan como divisións durante eleccións.

  1. Alfaro
  2. Benalcázar
  3. Chaupicruz
  4. Chillogallo
  5. Cotocollao
  6. La Floresta
  7. González Suárez
  8. Guápulo
  9. La Libertad
  10. La Magdalena
  11. O Salvador
  12. San Blas
  13. San Marcos
  14. San Roque
  15. San Sebastián
  16. Santa Bárbara
  17. Santa Prisca
  18. A Vicentina
  19. Villa Flora

AlcaldesEditar

Alcaldes de Quito (táboa incompleta)
Desde Alcalde
1970 Sixto Durán Ballén
1978 Álvaro Pérez
1983 Gustavo Herdoíza
1987 Rodrigo Paz
1992 Jamil Mahuad
1998 Roque Sevilla
2000 Paco Moncayo

Poboación da cidadeEditar

Fonte: Instituto Nacional de Estatística e Censos (Ecuador)
Censo nacional Cidade (soamente parroquias urbanas) Poboación do cantón (= "Distrito Metropolitano" desde 1993)
Poboación Fogares (vivendas)
1950 209.932 319.221
1962 354.746 510.286
1974 599.828 782.651
1982 866.472 1.116.035
1990-11-25 1.100.847 1.409.845
2001-11-24 1.399.378 419.845 1.839.853

HistoriaEditar

 
San Francisco Plaza, Quito.
Cidade de Quito
 
Centro histórico de Quito coa Basílica do Voto Nacional no fondo.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Ecuador
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición1978 (2ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador2

GuápuloEditar

(datas en formato YYYY-MM-DD do padrón ISO 8601)

Ensino superiorEditar

A cidade e os seus arredores contan con varias universidades de pre e posgrao.

Fonte das datas de creación: Consello Nacional de Educación Superior.

Fundación Universidade
1586-03-18 Universidade Central de Ecuador UCE
1869-08-27 Escola Politécnica Nacional EPN
1946-11-04 Pontificia Universidade Católica de Ecuador PUCE
1977-12-20 Escola Politécnica do Exército ESPE
1986-02-18 Universidade Tecnolóxica Equinoccial UTE
1994-08-05 Universidade Politécnica Salesiana de Ecuador (Quito) UPSQ
1995-10-25 Universidade San Francisco de Quito USFQ
1995-11-29 Universidade das Américas (Quito) UDLA
1997-08-20 Universidade Tecnolóxica América UNITA
1998-08-10 Universidade Cooperativa de Colombia de Ecuador (Quito) UCCE
1999-07-17 Universidade Autónoma de Quito UNAQ
2004-05-20 [[URL:http://www.uhemisferios.edu.ec%7CUniversidade[Ligazón morta] dos Hemisferios]]

Guápulo, QuitoEditar

Equipos profesionais de fútbolEditar

Os seguintes equipos de fútbol de Quito xogan actualmente na primeira división ecuatoriana:

Equipo Maior avance en Copa Libertadores Estadio Parroquia
Sociedad Deportivo Quito Oitavos de final 1989 Estadio Olímpico Atahualpa Benalcázar
Club Deportivo El Nacional Semifinal 1985 Estadio Olímpico Atahualpa Benalcázar
Liga Deportiva Universitaria Campión 2008 Estadio Casa Blanca Cotocollao

Outros equipos da cidade teñen disputado varias tempadas da primeira división, como o CD Espoli, o SD Aucas, o CD Universidad Católica ou o CD América.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar