Gran Colombia

estado de América do Sur entre 1819 e 1831

A Gran Colombia foi un Estado de América do Sur creado en 1819 polo Congreso de Angostura a través da Ley Fundamental de la República (ratificada despois no Congreso de Cúcuta en 1821) pola unión de Venezuela e a Nova Granada nunha soa nación baixo o nome de República de Colombia[1][2], á que logo se adheriron Panamá (1821) e Ecuador (1822).

Modelo:Xeografía políticaGran Colombia
República de Colombia (es) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 4°39′N 74°03′O / 4.65, -74.05Coordenadas: 4°39′N 74°03′O / 4.65, -74.05
CapitalBogotá Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.469.000 (1825) Editar o valor em Wikidata (1,14 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.172.609 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1819 Editar o valor em Wikidata
Disolución1831 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública de Nova Granada, República Federal da América Central (pt) Traducir, Venezuela, Ecuador e Guiana Britânica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
república federal
presidencialismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataSimón Bolívar (1819–1830) Editar o valor em Wikidata
Moedapiastre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

División política da Gran Colombia en 1824. Enmarcada en vermello móstrase a Nova Granada.

O termo Gran Colombia emprégase pola historiografía para distinguila da actual República de Colombia, cuxo territorio daquela era coñecido como Nova Granada / Cundinamarca.

Esta república existiu de iure entre 1821 e 1831 e configurouse a partir da unión das anteriores entidades coloniais do Vicerreinado de Nova Granada, a Capitanía Xeneral de Venezuela, a Presidencia de Quito e a Provincia Libre de Guayaquil[3].

A súa superficie correspondía aos territorios das actuais repúblicas de Colombia, Ecuador, Panamá e Venezuela (incluíndo a Güiana Esequiba, en disputa güiano-venezolana), e outros territorios que despois pasaron ao Brasil, o Perú e Nicaragua por acordos internacionais celebrados entre estes países e as repúblicas xurdidas da disolución grancolombiana.

Aínda que a Gran Colombia foi creada mediante a Ley Fundamental de la República de Colombia aprobada no Congreso de Angostura (1819), o Estado como froito da unión dos anteditos territorios non veu a luz até o Congreso de Cúcuta (1821), onde se redactou a Constitución de Cúcuta ou Constitución nacional, coa cal se estableceu o funcionamento e se regulamentou a súa creación, ao igual que a vida política e institucional do novo país.

O país disolveuse a finais da década de 1820 e inicios dos anos 1830, debido ás grandes diferenzas políticas que existían entre partidarios do federalismo e o centralismo, así como polas tensións rexionais entre os pobos que integraban a república.

Antecedentes editar

A idea panamericana de Bolívar editar

 
Mapa da Gran Colombia, na que se mostran as fronteiras actuais (no mapa falta unha pequena zona que hoxe forma parte de Nicaragua).
 
Monumento a Bolívar en Cádiz.

Despois do fracaso da Segunda República de Venezuela e da súa curta permanencia en Nova Granada como comandante militar, Simón Bolívar viuse obrigado a reflexionar sobre a causa dos fracasos previos, a situación internacional e a forma de lograr a independencia de forma duradeira. As súas reflexións levárono á conclusión de que para alcanzar a independencia definitiva debíase derrotar totalmente aos españois para impedir que realizaran accións de reconquista. Para iso, os esforzos descoordinados e dispersos dos caudillos rexionais ao longo de América debían unificarse baixo un mando único e como garantía dunha independencia permanente debía crearse unha república grande e forte que puidera desafiar as pretensións de calquera potencia imperial.

Este proxecto estaba inspirado na idea dunha unión continental que abarcara desde o territorio da Nova España até o sur de Chile, despois de alcanzada a independencia. A idea de crear unha nación semellante fixo que Bolívar tivera un obxectivo político moito máis amplo, o que en definitiva o motivou para actuar dunha maneria diferente á anteriores.

No contexto das Guerras de Independencia Hispanoamericana, forzas revolucionarias lideradas por Simón Bolívar sentaron as bases dun goberno regular nunha convención constitucional. Previamente, o goberno fóra só militar e altamente centralizado con poder executivo directo exercido por vicepresidentes ou gobernadores, mentres o presidente Simón Bolívar estaba na Campaña Libertadora de Nova Granada e na Guerra de Independencia de Venezuela.

Colombia como proxecto de Bolívar editar

O nome Colombia outórgase ao ideal de integración de toda Suramérica anhelado por Simón Bolívar. Xa en 1815, na illa de Xamaica, Bolívar expuxera a idea de Colombia como un país que debía facerse realidade[4]. Concluíu que, para converter a Colombia nunha nación viábel, era necesario crear un goberno centralizado capaz de coordinar as accións necesarias para resgardar as fronteiras e aglutinar aos distintos pobos da América hispana como garantía da independencia.

 
Monumento a Bolívar na Cidade de Panamá.
 
O xeneral Pablo Morillo.

Aínda que o proxecto de Colombia como nación foi ideado por Francisco de Miranda durante as súas accións precursoras, foi Bolívar quen reanimou este proxecto nos seus primeiros contactos co Precursor en Londres e foi quen se empeñou en levalo a cabo contra vento e marea até a súa morte.

Para garantir a liberdade de Colombia consideraba vital conseguir canto antes o control sobre Venezuela para impedir que os españois a utilizaran como posto de avanzada na Provincia de Terra Firme para as súas campañas de reconquista, polo que decidiu emprender esta tarefa como algo prioritario. Así, desembarcou na illa de Margarita a mediados de 1816 decidido a lograr desde o principio o recoñecemento do seu liderado e, despois de obter un éxito inicial co líder local Juan Bautista Arismendi, preparou a campaña para liberar o continente.

A medida que pasaba o tempo, Bolívar debeu lidar con personaxes que gañaran o seu xeneralato a través da acción, pero que acabaron aceptando a Xefatura Suprema de Bolívar como un mal necesario para poder derrotar aos españois, até que a finalmente o seu liderado foi indiscutido.

A consolidación do liderado supremo facilitou o control do Oriente venezolano e a instalación de Bolívar en Angostura trouxo consigo o inevitábel e longo enfrontamento coas forzas expedicionarias do xeneral español Pablo Morillo e a organización dos mecanismos elementais para que o Goberno puidese funcionar.

Pero para entón o exército realista en América xa se encontraba moi desgastado despois da longa campaña de reconquista realizada a través de América e, aínda que o xeneral Morillo era un comandante militar moi capaz que intentou por todos os medios paliar a situación non puido evitar que as súas tropas iniciaran un lento declive debido á falta de recursos e de reforzos para cubrir as baixas que sufrían.

Xa en 1818 a situación do exército español en Venezuela tornouse insostíbel, e Morillo viuse obrigado a retirar algunhas das súas forzas da Nova Granada para intentar conter a Bolívar. Para entón, a situación política e militar era o bastante boa como para pensar na organización dun Estado, e así foi como Bolívar instalou o Supremo Congreso da República en Angostura o 15 de febreiro de 1819.

Vantaxes editar

Vantaxes da unión americana editar

 
Francisco de Miranda, O Precursor.

A Gran Colombia era o primeiro paso para a unificación total dos pobos libres ideada nun principio por Francisco de Miranda, quen concibiu a creación dun só Estado suramericano independente que substituiría ao conxunto de posesións que compoñían o Imperio español nesta parte do hemisferio. Noutras palabras, a idea da integración americana é inseparábel, en Miranda, da idea da independencia das colonias hispanoamericanas. Sobre este aspecto, Miranda é tamén un precursor, aínda cando a miúdo o mérito desta concepción se atribúe a outros independentistas non menos importantes. En xullo de 1809, a independencia das colonias americanas se convertera para Miranda nun feito ineluctábel e ve por tanto chegado o momento de convocar un Congreso de Deputados de cidades e provincias de América —idea que xa viñaa manexando desde había tempo— sobre o propio territorio americano. Ningún outro lugar, ao seu entender, parecía máis apropiado que Panamá para reunir ese congreso. Pola súa situación xeográfica, o Istmo era de fácil acceso para os americanos de todas as latitudes e encarnaba, por así decilo, a imaxe da unión entre o norte e o sur da América de lingua española. Pola mesma razón, Miranda suxerira, no seu plan de goberno de 1801, que Colombo, a cidade que sería a capital de Colombia, se construise no Istmo de Panamá.

O proxecto de Miranda non chegou a realizarse, pero a idea foi retomada por Simón Bolívar quen, en 1815, na súa "Carta de Xamaica", suxire a reunión en Panamá dun Congreso das Repúblicas americanas independentes, o que non se concretará até 1826. Aínda que os obxectivos deste Congreso convocado por Bolívar tendían máis ben ao establecemento de alianzas entre repúblicas independentes e non á constitución dunha soa república como propoñía Miranda, é evidente que é a este último a quen corresponde a paternidade da idea xeral dunha unión americana.

Vantaxes da Unión editar

  1. A existencia destes novos Estados obtería novas garantías.
  2. A orde interna conservaríase intacta entre os diferentes Estados e dentro de cada un deles.
  3. Ningún sería débil con respecto a outro; ningún sería máis forte.
  4. A forza de todos concorrería ao auxilio do que sufrise por parte do inimigo externo ou das faccións anárquicas.
  5. Un equilibrio perfecto estableceríase nesta verdadeira nova orde americana.
  6. O Nuevo Mundo constituiríase en nacións independeentes, ligadas todas por unha lei común que fixase as súas relacións externas e lles ofrecese o poder conservador nun congreso xeral permanente.

Historia editar

Emancipación respecto do Imperio español editar

En 1816, Simón Bolívar, coa axuda dos xenerais Urdaneta, Piar, Páez, Mariño, Nariño, Monagas, entre outros, conseguiría unha serie de vitorias sobre os realistas. Despois de liberar a provincia de Güiana e Nova Granada, proclamou o 17 de decembro de 1819, en Angostura (actual Ciudad Bolívar) a súa fundación da República. Os últimos continxentes realistas en Venezuela foron derrotados na histórica Batalla de Carabobo o 24 de xuño de 1821.

O 28 de novembro de 1821 se lle dá a independencia a Panamá, que voluntariamente se une ao soño de Bolívar asinando con España un pacto de non agresión.

 
Miranda no cárcere da Carraca.

A resistencia de España no continente suramericano terminou no Perú coa Batalla de Ayacucho, o 9 de decembrp de 1824, na que se consagrou definitivamente como heroe Antonio José de Sucre (1795-1830).

Todo o poderío español no Vicerreidato de Nova Granada e no de Perú, afundiu baixo os golpes de tres homes: Bolívar, Miranda e Sucre, falecidos en diferentes circunstancias:
— Bolívar o 17 de decembro de 1830, en Santa Marta, Colombia;
— Francisco de Miranda no cárcere da Carraca, en Cádiz, en 1816;
— Antonio José de Sucre, asasinado en Berruecos, Nova Granada (actual Colombia), o 4 de xuño de 1830.

Divisións intestinas editar

Porén, debido a tensións rexionais, a unión política dos territorios do antigop vicerreinado non durou moito. A oposición ao goberno de Bolívar era, en xeral, secesionista. En 1830 Venezuela e Ecuador declararon a súa independencia da República de Colombia, quedando finalmente disolta a Gran Colombia en 1831, dando nacemento a tres entidades estatais distintas: Nova Granada, Ecuador e Venezuela.

A secesión venezolana foi dirixida polo xeneral José Antonio Páez (1790-1875), que xa combatera baixo as ordes de Bolívar e tiña desde entón o virtual control da parte venezolana da República. Páez converteuse no primeiro presidente do novo estado venezolano, e gobernou intermitentemente até 1863.

En Ecuador asumiu o poder Juan José Flores. Reducida á Nova Granada, presidida por Rafael Urdaneta, que orixinariamente executara un golpe de estado pensando en devolverlle o poder a Bolívar, a Gran Colombia disolveuse tras o derrocamento de Urdaneta. Na República de Nova Granada elixiuse como vicepresidente interino a José María Obando, e un ano despois asumiu a presidencia Francisco de Paula Santander, que delineou a estrutura do novo Estado.

En Venezuela, en 1835, un grupo de oficiais patriotas levantáronse contra o presidente José María Vargas, no que se coñece como Revolución das Reformas, para esixir a reconstitución da Gran Colombia, reformas políticas e o fin do poderío económico da oligarquía, fortalecida co comercio de importación e exportación. Obtiveron un triunfo efémero, pero os reformistas foron derrotados polo xeneral José Antonio Páez, co que se fixo definitiva a disolución da Gran Colombia.

Proxectos similares en América Latina foron a Confederación Perú-Boliviana e a República Federal de Centro América.

Congresos de Angostura e de Cúcuta e Convención de Ocaña. A Constitución de 1821 editar

 
Casa do Congreso de Angostura, Ciudad Bolívar, Venezuela.
 
Templo Histórico de Cúcuta, onde se celebrou Congreso de Cúcuta, no que se creou a Gran Colombia.
 
Complexo Histórico da Gran Convención, onde ocorreu a Convención de Ocaña.

En 1819, a pesar de estar aínda baixo o control español, os ímpetos independentistas continuaron e reactiváronse os ánimos constitucionais. O 15 de febreiro de 1819, seis meses antes da Batalla de Boyacá, reuníronse representantes de Venezuela, Nova Granada (a actual Colombia) e Quito (o actual Ecuador) en Angostura, Venezuela, onde instalouse o Congreso de Angostura para traballar no desenvolvemento dunha Lei Fundamental de Colombia (constitución) na cal, mediante un decreto, «as Repúblicas de Venezuela e a Nova Granada quedan desde este día reunidas nunha soa baixo o título glorioso de República de Colombia». Os representantes de Quito eran poucos posto que aínda encontrábase baixo o control español.

As decisións tomadas inicialmente foron as seguintes:

  • As Repúblicas de Venezuela e a Nova Granada foron reunidas baixo o título de República de Colombia. O seu territorio comprendía os da antiga Capitanía xeneral de Venezuela e o Vicerreinado do Novo Reino de Granada.
  • A República de Colombia dividirase en tres grandes Departamentos, Venezuela, Quito e Cundinamarca. As capitais destes Departamentos serían respectivamente as cidades de Caracas, Quito e Bogotá.
  • A Nova Granada foi renomeada Cundinamarca e a súa capital Santa Fe renomeada Bogotá. Igualmente sería a cidade capital da República.
  • Sería gobernada por un presidente. Existiría un vicepresidente que suplantaría ao presidente na súa ausencia (historicamente acostúmase chamar á primeira República de Colombia "A Gran Colombia").
  • Os gobernadores dos tres Departamentos tamén se chamarían Vicepresidentes.
  • O presidente e vicepresidente serían elixidos con voto indirecto, pero para efectos de empezar, o Congreso elixiunos da seguinte forma: Simón Bolívar como presidente da república e Francisco de Paula Santander como vicepresidente. En agosto, Bolívar continuou a súa tarefa liberadora, partiu cara a Ecuador e Perú e deixou a Santander a cargo da presidencia.
  • A Bolívar concedéuselle o título de "Liberador" e estipulouse que o seu retrato sería exposto no salón de sesións do Congreso co lema «Bolívar, Liberador de Colombia e pai da Patria».

Despois das batallas do Pantano de Vargas e de Boyacá, o 17 de decembro de 1819, o Congreso de Angostura declarou formalmente creada a República de Colombia. A iniciativa de Simón Bolívar foi aprobada, aínda que esta liberación non alcanzou a Pasto, Santa Marta nin a Panamá.

Ao final das sesións, o congreso acordou que se reuniría novamente en Cúcuta, en xaneiro de 1821, para expedir a nova constitución. O 23 de marzo de 1820, foi liberado en España Antonio Nariño, O Precursor. Despois de seis anos de cativerio foi nomeado vicepresidente de Colombia en substitución de Juan Germán Roscio recentemente falecido e, como tal instalou, o Congreso de Cúcuta o 6 de maio de 1821, onde elaborou un proxecto de constitución que presentou a consideración, sen lograr atención.

A convención de Ocaña foi basicamente unha confrontación entre as ideas de ambos os dous próceres. Os proxectos que se discutiron foron polémicos, centralismo e federalismo entre outros. Santander tivo que ceder para manter a unidade da nación, no punto concernente á necesidade de cambiar a Constitución de Cúcuta, pois esta non podía reformarse antes de dez anos.

José María del Castillo e Rada foi escollido como presidente e Andrés Narvarte como vicepresidente da convención. Finalmente esta non puido rematar como estaba planeado porque os seguidores de Bolívar se retiraron. O liberador asumiu a ditadura nun esforzo desesperado para manter unha unidade que xa fora socavada e inaugurou un período ditatorial.

Panamá únese á Gran Colombia editar

As circunstancias de que as forzas militares españolas estivesen confinadas nas provincias suramericanas, permitiu a Panamá lograr por si soa a súa independencia de España o 28 de novembro de 1821. Os adiñeirados comerciantes panameños gratificaron pecuniariamente aos oficiais españois. Este procedemento viuse favorecido porque á fronte do goberno do istmo se encontraba o xeneral crioulo panameño José de Fábrega, quen se uniu ao movemento emancipador.

Poucos días antes de ser proclamada a independencia de Panamá chegou ao istmo, unha misión enviada polo xeneral Agustín de Iturbide para conseguir que Panamá se unise ao nacente Estado Mexicano, como xa o fixeran os países centroamericanos. Así mesmo ao lograrse a emancipación, algúns próceres delas, como o bispo da cidade, avogaron pola unión ao Perú. Non obstante prevaleceu a opinión da unión á Gran Colombia. Nesta acta de independencia, Panamá sinalou a súa intención soberana e voluntaria de adherirse a Colombia.

Ao decatarse Bolívar da Independencia de Panamá, enviou ao Coronel de Fábrega a coñecida mensaxe que reza así: «A Acta de Independencia de Panamá, é o monumento máis glorioso que pode ofrecer á historia ningunha provincia americana. Todo está alí consultado, xustiza, xenerosidade, política e interese xeral.»[5] .

Á data da Independencia de Panamá, a constitución de Cúcuta levaba dous meses e tres semanas de ter sido promulgada. A devandita carta magna non resultou grata aos próceres e dirixentes de Panamá, que eran negociantes vinculados ao tránsito e ao tráfico internacional. Anglófilos por razóns mercantís, profesaban o liberalismo manchesteriano e eran, polo tanto, partidarios do abstencionismo estatal, do librecambio e dunha economía esencialmente comercial. Crían que ao istmo lle auguraba un gran futuro que se manifestarían tan pronto fora construída unha vía férrea transístmica. Por iso os xestores panameños da independencia de España optaron pola unión ao Estado Colombiano, pero baixo o entendemento de que, dentro deste, Panamá mantería autonomía económica, e política. Aquel entendemento non sería extensivo aos ideólogos da central Bogotá, que traería como consecuencia os movementos panameños pola instauración do federalismo e os innumerables intentos de separación da Gran Colombia e os seus Estados sucesores[6].

O Haití español intenta unirse á Gran Colombia editar

 
Localización da Capitanía Xeral de Santo Domingo (actual República Dominicana, no centro). Neste mapa os países integrantes da Gran Colombia encóntranse na parte baixa, na chamada Terra Firme.

O 30 de novembro de 1821 algúns dominicanos encabezados por José Núñez de Cáceres proclamaron pacificamente a independencia da Capitanía xeneral de Santo Domingo co nome de Estado Independente do Haití Español[7]. Núñez, quen era partidario da causa de Bolívar e estaba temeroso dunha posible invasión haitiana, estipulou na acta constitutiva do Estado recentemente creado que este formaría parte da República de Colombia[8].

Núñez decidiu entón enviar ao continente como delegado a Antonio María Pineda co fin de reunirse co presidente grancolombiano Simón Bolívar[9], para así planear a futura integración e apoio á causa independentista dominicana, tanto de España coma de Haití; non obstante, a comisión non logrou chegar a tempo para encontrarse co Prócer, pois este xa emprendera viaxe ao sur a consumar as campañas de independencia[10], as que mantiñan a Bolívar afastado de Colombia e do goberno, polo cal non se logrou que a República Dominicana se integrara ao proxecto bolivariano.

Debido ao pouco apoio internacional e á loita interna por unificarse con Haití, a Gran Colombia ou manterse como un estado completamente independente, a tan só nove semanas de que Núñez declarase a independencia, as forzas militares de Haití dirixidas por Jean Pierre Boyer ocuparon o país, decretando a súa formal anexión o 9 de febreiro de 1822[11].

Santanderismo contra bolivarianismo editar

Tras o Congreso de Cúcuta, Simón Bolívar foi nomeado presidente da República e Francisco de Paula Santander o seu vicepresidente. Santander propugnaba unha lexislación robusta e un marco constitucional e lexislativo que guiase a nova república. A prioridade de Bolívar foi continuar o seu proxecto da liberación da América española. Durante a campaña do sur, dirixida directamente por Bolívar, o vicepresidente Santander estivo a cargo do goberno en Bogotá.

A crise entre Bolívar e Santander (e os seus respectivos seguidores) afondouse coas diferenzas entre Santander, José Antonio Páez e coa promulgación da constitución da República de Bolivia de 1826, escrita por Bolívar para a nacente república de Bolivia e que os santanderistas temían que intentaría impoñer en Colombia. O principal receo sobre a constitución bolivariana xurdía do amplo poder dado á figura presidencial, a cal era vitalicia e, desta forma, asimilable a unha monarquía.

O 9 de abril de 1828 instalouse a Convención de Ocaña. As diferenzas entre santanderistas e bolivarianos eran evidentes: os primeiros favorecían o federalismo, mentres que os segundos preferían un poder central e presidencial forte. A Convención, que tiña por obxecto reformar a Constitución de Cúcuta foi un fracaso, e os bolivarianos abandonaron o recinto proclamando a Bolívar como ditador.

A crise culminou co atentado a Bolívar do 25 de setembro de 1828, no que se coñece como a Conspiración Septembrina. A participación de Santander non é clara; non obstante, foi condenado xunto con moitos dos seus seguidores, os cales foron executados por traizón. Por orde de Bolívar, a condena do propio Santander foi conmutada por desterro.

Despois dos feitos, Bolívar seguiu gobernando nun ambiente enrarecido, acurralado por disputas fraccionais e sufrindo de tuberculose. A revoltas continuaron. Perú declarouse en contra de Bolívar e Venezuela proclamouse independente. Páez ocupou a presidencia dese país e fixo que o Congreso aceptase a renuncia de Bolívar a mediados do ano 1830 e expulsáseo do país concedéndolle unha pensión de 3000 pesos anuais.

Tentativa de separación de Panamá en 1826 editar

No que a Panamá concirne, a súa clase dirixente opúxose tenazmente á adopción a constitución Bolivariana, a pesar de todas as xestións do enviado especial polo liberador e da presión que exerceron o intendente e xefe militar no istmo.

En 1826, mesmo ano en que Panamá rexeitou a constitución Bolivariana, se celebrou na capital istmeña o famoso Congreso internacional Bolivariano. Máis este notable acontecemento, non foi óbice para que nese ano se producise a primeira tentativa de separación de Colombia. Sucede que o congreso colombiano facía caso omiso das solicitudes de franquías comerciais para o istmo, o cal frustraba as aspiracións panameñas. En consecuencia, xurdiu un movemento separatista para converter a Panamá nun país hanseático, baixo a protección de Gran Bretaña e os Estados Unidos. O movemento foi reprimido, non obstante, polos militares colombianos destacados no istmo[12].

O conflito co Perú editar

Logo de finalizada a loita independentista do Perú e pasada a ameaza española que levou aos peruanos a solicitar a intervención de Colombia, as relacións entre Colombia e Perú fóronse facendo paulatinamente máis tensas polas disputas territoriais, o desexo peruano de anexar Guayaquil, o desagrado dos peruanos á intervención de Bolívar nos asuntos internos do Perú e o seu reclamo de Tumbes, Xaén e Maynas, territorios peruanos[13][14]. As orixes e primeiras manifestacións da contenda déronse seis anos antes co problema da quen lle correspondía a soberanía da rica provincia de Guayaquil, o tema foi unha espiña entre as relacións de ambas as dúas repúblicas, Colombia e Perú, posto que foi anexada á Gran Colombia o 31 de xullo de 1822.

O Perú interviñera en Bolivia a principios de 1828 e negábase a permitir a intervención de Colombia nos asuntos da república altoperuana (algo parecido ao que pasou no mesmo Perú baixo a ditadura de Bolívar). O 3 de xuño de 1828, a Gran Colombia, por intermedio de Bolívar, declaroulle a guerra á República Peruana. No transcurso deste conflito, o Perú avanzou ao interior do "Departamento do Sur" de Colombia, ata preto da cidade de Cuenca obtendo decisivas vitorias navais[15] mentres que en Nova Granada se vivía un estado de guerra civil co alzamento dos xenerais José María Obando e José Hilario López. Tras ser pacificados por Bolívar e reorganizado as forzas, o exército colombiano iniciou unha ofensiva terrestre que culminou na Batalla do Portete de Tarqui o 27 de febreiro de 1829, coa vitoria das tropas colombianas do mariscal Antonio José de Sucre sobre a vangarda peruana[16]. O 28 de febreiro asinouse o Convenio de Girón[17] e o 22 de setembro, o Tratado de Guayaquil, en prol dunha saída diplomática, manténdose o 'statu' anterior á guerra[18].

Non obstante, a posterior separación da unión colombiana deixou pendente a subscrición dun tratado de límites que formalizase a fronteira herdada da colonia, o que durante os anos vindeiros desembocaría no conflito de La Pedrera, na guerra colombo-peruana (1932-1934) e no longo conflito entre o Perú e Ecuador (séculos XIX e XX).

O goberno de Bolívar editar

Entre o 24 de xuño de 1828 e marzo de 1830 Bolívar gobernou por decreto. Isto non impediu a separación de Venezuela o 27 de decembro de 1829. O 20 de xaneiro de 1830 Bolívar convocou o Congreso Admirable co fin de solucionar a crise institucional. O Congreso non puido evitar a separación de Venezuela e evidenciou a falta de apoio coa que contaba Bolívar cuxa saúde viña deteriorándose notablemente. Bolívar renunciou o 8 de maio de 1830, quedando Domingo Caycedo como presidente interino.

Separación de Venezuela e Ecuador editar

A separación de Venezuela e Quito foi acelerada pola discrepancia de opinións entre federalistas e centralistas. Quito non tivera unha representación real nas deliberacións constitucionais e só é en 1822 cando se une á Gran Colombia. A pesar de existir apoio á constitución de Colombia en Quito, máis especificamente en Guayaquil, quiteños e venezolanos ansiaban unha constitución federalista, é dicir unha que lles permitise ter un control e liberdade rexional sen imposicións centrais fortes; en particular o corpo militar venezolano esperaba exercer máis poder na súa rexión.

Aos membros do exército permitíraselles votar nas eleccións dende a constitución de Cúcuta en especial como xusto recoñecemento ao esforzo realizado nas campañas liberadoras. En 1827 o congreso decide reducir ese dereito e fixo un cambio constitucional para excluír dende os sarxentos cara a abaixo, xa que excluír a cúpula militar era un movemento moi atrevido.

En abril de 1828 reúnense en Ocaña os representantes dos municipios (parroquias) para elixir o congreso constituínte que reformaría a constitución de Cúcuta. Os santanderistas (federalistas) lograron unha gran representación. O descontento dos bolivarianos foi tal que decidiron abandonar as deliberacións polo cal non se logrou o quorum. Esta incapacidade para exercer a democracia e de resolver os conflitos baixo o diálogo, a negociación e o voto, optando máis ben polo abandono, foi un comportamento que perseguiu como mal fantasma aos partidos tradicionais durante o século XIX e XX e foi causa xeradora de violencia. A pesar de todo se nomean os membros nas eleccións do 1 de xullo de 1828.

Bolívar co seu fervente desexoso de ver unha Gran Colombia unida decide facer impoñer a súa vontade en forma ditatorial como último recurso e presenta, en agosto de 1828, unha constitución que desenvolvera na que se incluía Perú e Bolivia (pois Bolivia xa se separara do Perú), cun forte goberno central e unha presidencia de por vida na que o presidente podería ter a facultade de nomear o seu sucesor. Esa foi a faísca final que incendiou aos santanderistas pois viron nesa proposta un retroceso a unha monarquía e chegaron ao punto de intentar asasinar o liberador o 25 de setembro. Adicionalmente, os líderes venezolanos viron con bastante receo as intencións de Bolívar, en novembro de 1829 deciden separarse da Gran Colombia e así comunicárono na convención de xaneiro. Bolívar finalmente renuncia á súa posición durante a convención constitucional de xaneiro de 1830 reunida en Bogotá (tamén chamada o Congreso Admirable). Adicionalmente, empezaba a mostrarse enfermo.

Os quiteños, ao saber que Venezuela se escindira e que Bolívar se retiraba en forma definitiva, tomaron a resolución de separarse. E con isto esvaécese a Gran Colombia despois de once anos de existencia. O descontento militar e o dos grupos liberais acentuouse e levou consigo á ditadura do xeneral Rafael Urdaneta. Finalmente, en decembro de 1830, morreu o Liberador.

Xuridicamente, a Gran Colombia existiu ata o 21 de novembro de 1831, presidida por Domingo Caycedo (do 4 de maio ao 13 de xuño de 1830 e do 3 de maio ao 21 de novembro de 1831), Joaquín Mosquera (do 13 de xuño ao 5 de setembro de 1830) e por Rafael Urdaneta (do 5 de setembro ao 3 de maio). Durante este episodio a rexión do istmo manifestou a súa separación en dúas ocasións: en 1830 ao mando de José Domingo Espinar e en 1831 ao mando de Juan Eligio Alzurú.

O 13 de maio de 1830, o departamento do Sur (Quito) declarou a súa independencia de Colombia e conformou a República do Ecuador. Colombia quedou así constituída en só a Nova Granada e Panamá (xuridicamente Panamá pertencía ao departamento de Nova Granada). Panamá separouse por primeira vez para logo manterse unida voluntariamente.

En 1832, creouse a República de Nova Granada e Francisco de Paula Santander foi nomeado o seu primeiro presidente.

A Cosiata editar

O 30 de abril de 1826 tivo lugar en Venezuela un movemento separatista coñecido co nome da A Cosiata dirixido por José Antonio Páez, que se presentou como unha reacción contra o goberno de Bogotá, o centralismo e Simón Bolívar. O nome da cosiata deriva de cousa sen importancia, que era como cualificaban os detractores de Bolívar despois da rebelión á amnistía chegando finalmente do Perú (e novamente en rebelión). O 25 de novembro de 1826 Bolívar marcha coa elite das súas tropas a Venezuela e persuade a Páez de depoñer a súa sublevación contra a Gran Colombia, a cambio de ser recoñecido como xefe civil e militar de Venezuela.

Motivos da separación editar

  • Disimilitude de caracteres, costumes e intereses entre as poboacións.
  • A crise económica que provocou a guerra, unida á falta de vías e de medios de comunicación, impedía organizar e gobernar ben tan extenso territorio.
  • Había sectores económicos e políticos en cada país que nunca estiveron interesados no proceso de integración.
  • Inglaterra e os Estados Unidos promoveron a secesión[19].
  • Os venezolanos e ecuatorianos querían maior autonomía no seu territorio.

Primeira separación temporal de Panamá editar

O 26 de setembro de 1830, Panamá separouse do Estado grancolombiano, constituíndose na primeira de cinco separacións dos territorios da actual Colombia, o seu xestor foi o xeneral panameño José Domingo Espinar, mulato de orixe popular que non compartía as preferencias da oligarquía panameña, foi un gran partidario de Bolívar, de quen fora secretario. Debido á crise ocasionada pola renuncia do liberador e a desmembración da Gran Colombia, Espinar, apoiado polas masas do arrabalde capitalino, rebelouse contra o goberno imperante esperando a volta de Bolívar ao poder.

O artigo 2 da acta de tan singular emancipación dicía: "Panamá desexa que a súa excelencia o liberador Simón Bolívar se encargue do goberno da República como medida indispensable para volver á unión as partes de que ela se separaron baixo pretextos diferentes quedando dende logo este departamento baixo a súa inmediata protección".

En consecuencia co proclamado, foi unha delegación panameña a Barranquilla, onde se achaba Bolívar, para invitalo a que viñese ao Istmo a reasumir o poder e a reconstruír a desmembrada Gran Colombia. Bolívar rexeitouse a tal ofrecemento e aconsellou o seu antigo secretario que incorporara o Istmo a Colombia. Así procedeu o seu leal secretario, pero pouco despois se produciría outro movemento secesionista ao seguinte ano.

Segunda separación temporal de Panamá editar

O 9 de xullo de 1831, foi xerada polo coronel venezolano Juan Eligio Alzuru a segunda separación de Panamá de Colombia, que contou inicialmente co beneplácito da oligarquía panameña tanto capitalina como a do interior. Foi un movemento en reacción aos plans de José Domingo Espinar que pretendía o restablecemento do Estado Grande-colombiano e do poder centralizante de Bolívar, onde se pretendía unha definitiva secesión.

Os métodos daquel militar foron tan crueis e arbitrarios que fixeron perigar os intereses da clase dominante panameña. polo tanto esta, mediante a acción dos outros militares que controlaban, lograron derrotar e fusilar o tirano. Logo disto, os dirixentes panameños ao ver o que un movemento independentista mal levado podería desencadear, decidiron incorporar ao istmo a nacente República de Nova Granada.

Proxectos de restauración editar

Despois da súa disolución en 1830, limitouse a diversos acordos de integración bipartita entre os países que no seu momento o integraron, sen que nada dera en restaurar a entidade territorial. Non obstante, nestas mesmas datas xurdiu unha idea chamada Pan-Colombianismo ou Grande-Colombianismo, alentado polo movemento "Fronte Nacionalista Colombiano" e con recente auxe entre cidadáns dos 3 principais países que a conformaron. [Cómpre referencia]

Nunha declaración da Axencia Bolivariana de Noticias[20] a inicios de 2008, o expresidente de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou a proposta da restauración política da Gran Colombia, baixo a revolución bolivariana.

Presidentes da República 1819 - 1831 editar

Leyenda: Presidente titular Presidente interino ou encargado
Foto Presidente Período Tipo de Asunción Ocupación
Simón Bolívar 7 de decembro de 1819 - 4 de maio de 1830 Eleccións indirectas Xeneral Militar
  Francisco de Paula Santander 7 de decembro de 1819 - 20 de febreiro de 1827 Presidente encargado Militar Xurisconsulto
  Domingo Caycedo 4 de maio de 1830 - 13 de xuño de 1830 Presidente interino Militar e Político
  Joaquín Mosquera 13 de xuño de 1830 - 5 de setembro de 1830 Eleccións indirectas Xurista, Militar, Estatista e Político
  Rafael Urdaneta 5 de setembro de 1830 - 3 de maio de 1831 Presidente interino Militar e Político
  Domingo Caycedo 3 de maio de 1831 - 21 de novembro de 1831 Eleccións indirectas Militar e Político

Forzas armadas editar

A Gran Colombia contaba para mediados dos anos 1820 cun exército de 25 000 a 30 000 homes, dos cales arredor da metade eran tropas regulares e o resto milicias[21]. A calidade dos soldados colombianos variaba dende veteranos con anos en servizo en unidades elite (como o batallón Voltígeros, o batallón Rifles, os Bravos de Apure o batallón Albión) a unidades mal dotadas e mal adestradas que participaban en labores como milicias e guerrillas.

A armada contaba cunha variedade de buques, incluíndo varios navíos de máis de 60 canóns, fragatas de 44 canóns, e moitas unidades menores[22]. A armada concentrouse na baía de Cartaxena en 1825, realizando exercicios como preparativo para a planeada invasión a Cuba e Porto Rico que ao final non se realizou. Ao estalar a guerra co Perú, a mariña achábase en boa parte no mar Caribe.

A Gran Colombia era en boa medida un país altamente militarizado, as súas forzas armadas ocupaban un papel de grande importancia tanto na república coma na política. En especial nos seus últimos anos cando o Liberador volvera do Perú, creceu o militarismo bolivariano nun intento de frear a crecente popularidade dos liberais santanderistas e os movementos secesionistas en Venezuela e Ecuador. Estas discrepancias políticas escalarían ata que Bolívar proclamou a súa ditadura.

Bolívar era partidario dunhas forzas armadas permanentes e en pé de guerra que puidesen manter a paz interna mediante a coerción, resgardar a soberanía da nación e permitir a Colombia xogar un papel de importancia na política americana. En cambio Santander quería unha redución das forzas para diminuír tanto os seus custos coma a súa participación política[23].

Organización territorial editar

Organización territorial da Gran Colombia
Panorama xeral Descrición e división correspondente
 
División política real da Gran Colombia en 1820, excluíndo Panamá e Ecuador que continuaban baixo o dominio español.
República de Colombia
(1819—1824)

A lei expedida o 17 de decembro de 1819 determinou que a República de (a Gran) Colombia estaba dividida en tres grandes departamentos: Venezuela, con capital en Caracas; Cundinamarca (ou Nova Granada), con capital en Bogotá; e Quito, con capital na cidade do mesmo nome, aínda que este último estaba aínda en poder das forzas españolas[24]. Esta división territorial mantívose, ata que mediante a lei do 2 de outubro de 1821, o territorio da Gran Colombia foi subdividido en sete departamentos; segregando do antigo departamento de Venezuela os de Orinoco e Zulia, e do de Cundinamarca os de Boyacá, Cauca e Magdalena.

O 28 de novembro de 1821, o Istmo de Panamá declarou a súa independencia de España e decidiu unirse voluntariamente á Gran Colombia. O 9 de febreiro de 1822, mediante Decreto Executivo do Vicepresidente da Gran Colombia Francisco de Paula Santander, creouse provisionalmente e ata a reunión do seguinte congreso, o Departamento do Istmo, cos mesmos dereitos concedidos aos departamentos orixinais creados pola lei do 2 de outubro de 1821[25].

En 1822 todo o que hoxe é Ecuador e a Provincia Libre de Guayaquil (que se declarara independente) integráronse no país.

 
Departamentos da Gran Colombia en 1824.
República de Colombia
(1824—1830)

A lei sobre división territorial da República de Colombia decretada o 25 de xuño de 1824 dividiu o territorio do seguinte xeito, de maior a menor xerarquía administrativa: 12 departamentos, 37 provincias e 193 cantóns[26]. A rexión do norte do país compoñíase de 4 departamentos: Apure, Orinoco, Venezuela e Zulia, e 12 provincias en total; a rexión central, de 5 departamentos: Boyacá, Cauca, Cundinamarca, Istmo e Magdalena, e 17 provincias; e a rexión do sur, de 3 departamentos: Quito, Guayaquil, Azuay, con 8 provincias[24]. Igualmente mediante a lei do 12 de outubro de 1821 dividiuse a república en 3 distritos xudiciais e militares: (Venezuela -ou Norte-, Nueva Granada -ou Centro-, e Quito -ou Sur-), estes distritos xudiciais foron derrogados, mediante a Lei Orgánica do poder Xudicial do 11 de maio de 1825.

Departamentos da Gran Colombia
Apure Boyacá Azuay
Orinoco Cauca Guayaquil
Venezuela Cundinamarca Quito
Zulia Istmo
Magdalena

Xeografía editar

 

O país estaba conformado por un vasto territorio, que ocupaba na súa meirande parte a rexión norte de América do Sur. Do oriente ao occidente ía desde o río Esequibo e o océano Atlántico até o istmo de Panamá e o océano Pacífico. Do norte ao sur, comprendía o amplo terreo situado entre o mar Caribe e o río Amazonas.[24] En total abranguía unha área de máis de 2.500.000 quilómetros cadrados.

Relevo editar

 
O volcán Chimborazo, a maior altura da Gran Colombia, segundo o debuxo feito por Aimé Bonpland e Alexander von Humboldt durante a súa viaxe por Hispanoamérica.

O aspecto máis característico do país era sen dúbida ningunha a grande Cordilleira dos Andes[26]. A devandita cadea montañosa ocupaba a metade occidental do país, ingresando polo Distrito do Sur, logo dividíndose en tres ramais na súa entrada ao Distrito do Centro e finalmente curvándose para logo internarse ao territorio do Distrito do Norte.

As maiores alturas da Gran Colombia encontrábanse próximos da liña ecuatorial, estando unha gran cantidade delas situadas no Distrito do Sur. O monte máis alto era o Chimborazo (6.310 m), seguido do Cotopaxi (5.897 m), Cayambe (5.790 m), Serra Nevada de Santa Marta (5.775 m), Antisa (5.758 m), e o Nevado do Huila (5.750 m)[26]. É notable o feito que todas estas alturas son volcáns (tanto extintos coma activos), a excepción da Serra Nevada de Santa Marta.

Aproximadamente un terzo do país correspondía aos chairos do Orinoco, unha vasta sabana cuberta de pasteiros aptos para a gandaría e a agricultura, regada por numerosos e caudalosos ríos. A porción restante do territorio estaba ocupada pola ampla chaira da amazonia, pouco explorada e chea de enormes ríos caudalosos[26].

Hidrografía editar

 
Corte geológico, orográfico y ríos navegables de la Nueva Granada (Colombia).[27]
 
Corte geológico, orográfico y ríos navegables de Venezuela.[28]

Ríos editar

Tres grandes ríos sucaban o territorio da Gran Colombia: o Magdalena, que co seu principal afluente o Cauca desemboca no Caribe; o Orinoco, río caudaloso no cal desembocan os ríos Meta e Guaviare; e o Amazonas, ao cal aflúen o Napo, o Putumayo e o Caquetá. Outros ríos importantes eran o Atrato, o Guayaquil e o Guarapiche[24].

Destes servían como importantes vías fluviais o Magdalena e o Orinoco, polos cales entraban os produtos importados ao país.

Lagos e baías editar

Debido á súa extensión territorial e a posuír costas sobre ambos os dous océanos, a Gran Colombia contaba con innumerables baías, golfos e esteiros aptos para servir de portos naturais. Os máis importantes na costa pacífica eran a de Guayaquil, ao sur; a do Chocó ou Buenaventura, ao centro; e a de Panamá, ao norte. Pola costa atlántica tíñanse os golfos de Darién, Maracaibo, Cariaco e o de Paria[24].

Entre os lagos do país destacábanse dous: o lago de Maracaibo, un enorme corpo de auga que se comunicaba co golfo do mesmo nome e no cal sucedeu unha das máis importantes batallas pola independencia; e o lago de Valencia, corpo de auga incrustado na cordilleira costeira venezolana[26]. Ao longo do país tamén existían outros espellos de auga importantes como os lamazais de Santa Marta ou a Zapatosa.

Clima editar

O clima da Gran Colombia non estaba afectado pola latitude do país respecto ao ecuador, senón pola topografía e a tempada de chuvias, que daba orixe a dúas estacións chamadas comunmente inverno e verán. De entre todas as zonas que compoñían a república, as máis cálidas e secas eran a Güiana, a chaira setentrional de Nova Granada e a costa pacífica próxima a Guayaquil[26]. As rexións máis chuviosas eran as próximas á cordilleira andina, en especial ao sur e oriente do país, onde nacían os principais tributarios do río Amazonas.

Os vales situados entre as cordilleiras gozaban dun clima morno e uniforme durante gran parte do ano, mentres aquelas zonas próximas á costa gozaban dun clima bastante caloroso. En terras máis altas mesmo podía encontrarse nevados e xeo, aínda que se achasen na zona intertropical próxima á liña ecuatorial, tal como acontecía no Distrito do Sur. A mesma situación xeográfica das cordilleiras orixinaba que a vexetación fose moi variada e a fecundidade do chan fóra inmensa, polo cal no país se daba toda clase de produtos agrícolas[24].

Demografía editar

Os demografía da Gran Colombia era multiétnica. Houbo españois, indios, mulatos, negros, mestizos e zambros[21]. A poboación en xeral estaba distribuída dunha forma moi heteroxénea, de modo que mentres o norte do país, estaba maioritariamente habitado por españois e mestizos, o sur do país o estaba por un amplo número de indíxenas. Isto debíase a que moita da poboación nativa na rexión norte foi exterminada durante as primeiras incursións europeas feitas durante a época da conquista española, mentres nas rexións máis ao sur creáronse resgardos e misións por parte de ordes relixiosas que conservaron en gran parte o seu número orixinal[24] En si a poboación estaba altamente estratificada, estando os españois e brancos en xeral no tope, seguidos dos indios, os negros e as demais mesturas de razas.[26].

Segundo as estimacións realizadas en 1822, a poboación da Gran Colombia distribuíase por departamentos do seguinte xeito[29][30]:

Número Departamento
ou provincia
Poboación
1 Orinoco 174.000
1.1 Cumaná 70.000
1.2 Barcelona 44.000
1.3 Guayana 45.000
1.4 Margarita 15.000
2 Venezuela 430.000
2.1 Caracas 350.000
2.2 Barinas 80.000
3 Zulia 162.100
3.1 Coro 30.000
3.2 Trujillo 33.400
3.3 Mérida 50.000
3.4 Maracaibo 48.700
4 Boyacá 444.000
4.1 Tunja 200.000
4.2 Socorro 150.000
4.3 Pamplona 75.000
4.4 Casanare 19.000
5 Cundinamarca 371.000
5.1 Bogotá 172.000
5.2 Antioquia 104.000
5.3 Mariquita 45.000
5.4 Neiva 50.000
6 Cauca 193.000
6.1 Popayán 171.000
6.2 Chocó 22.000
7 Magdalena 239.000
7.1 Cartagena 170.000
7.2 Santa Marta 62.000
7.3 Riohacha 7.000
8 Quito 550.000
8.1 Quito 230.000
8.2 Quixos & Macas 35.000
8.3 Cuenca 78.000
8.4 Jáen de Bracamoros 13.000
8.5 Maynas 56.000
8.6 Loja 48.000
8.7 Guayaquil 90.000
9 Panamá 80.000
9.1 Panamá 50.000
9.2 Veragua 30.000
Total Gran Colombia 2.463.000

A poboación escrava dentro do país apenas superaba os 70.000 (1823)[21]. A poboación indíxena, en tanto, calculábase entre 400 mil e 500 mil distribuída en toda a nación. As tribos das cales se tiña un rexistro escrito eran os Chaimas, Pariagotos, Guaraones, Guayquerías, Guaguas, Cumanagotos, Caribes, Guaxiros, Salivas, Guamos, Muiscas e Muzos[26].

O censo de 1825[31] botou os seguintes resultados demográficos por distrito:

Distrito Xudicial Homes libres Escravos Indíxenas independentes Poboación total
  Norte (Venezuela) 609.545 50.088 26.579 686.212
  Centro (Nueva Granada) 1.182.500 45.830 144.771 1.373.110
  Sur (Ecuador) 485.021 6.975 52.481 524.477
Totais Gran Colombia 2.227.066 102.902 203.831 2.583.799

Notas editar

  1. "Ley Fundamental de la República de Colombia". Centro de estudios históricos del Ejército Nacional de Colombia. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2015. 
  2. "Ley Fundamental de la República de Colombia" (PDF). Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2015. 
  3. "La Gran Colombia, 1819-1830". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 28 de abril de 2015. 
  4. A Nova Granada uniráse con Venezuela, se chegan a convenir para formar unha república central... Esta nación chamarase Colombia. "Carta de Xamaica", Kingston, 6 de setembro de 1815. Bolívar, Simón; Obras completas; Fica, Tiempo Presente - Ecoe; 1979, p. 167.
  5. Simón Bolívar: 'Cronología' (1783-1830). Carta a José de Fábrega. Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Cuartel Xeral de Popayán, 1 de febreiro de 1822. Asedio web da Universidade dos Andes, Mérida, Venezuela.
  6. Figueroa Navarro, Alfredo (1982). Dominio e sociedade no Panamá Colombiano (1821-1903). Editorial universitaria, páx. 241.
  7. "30 de noviembre de 1821. Proclamación de la Independencia de la República por parte del pueblo dominicano". Red Escolar. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2008. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  8. "Aspectos Históricos: Independencia y República". Rutas Dominicanas. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  9. "José Nuñez de Cáceres". Educando.edu.do. 23 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2011. 
  10. "Discurso del presidente de la República Dominicana, Doctor Leonel Fernández". Centro de Información Gubernamental. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  11. "La importancia de llamarse República Dominicana". Periódico El País. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  12. Quintero, César. Evolución Constitucional de Panamá. Editorial Portobelo, 1999. Panamá.
  13. Basadre 2005, tomo 2, páx. 23.
  14. Basadre 2005, tomo 1, páx. 281.
  15. Basadre 2005, tomo 1, páx. 286.
  16. Basadre 2005, tomo 1, páx. 289-290. O historiador peruano, para sustentar a afirmación de que só a vangarda peruana actuou en Tarqui, cita o Diario político e militar (21 de marzo de 1829) de José Manuel Restrepo
  17. Basadre 2005, tomo 1, páx. 290.
  18. Basadre 2005, tomo 2, pp. 13-14.
  19. Toro Jiménez, Fermín. 2004. Surgimiento y Desaparición de la Gran Colombia 1819-1830, una visión alternativa Arquivado 16 de maio de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
  20. "Venezuela mantendrá lucha para lograr la resurrección de la Gran Colombia". Informe de la Agencia Bolivariana de Noticias. Consultado o 15 de noviembre de 2010. [Ligazón morta] (en castelán)
  21. 21,0 21,1 21,2 "Observaciones sobre Colombia, su Gobierno etc. Informe del diplomático sueco Severin Loric.". 4 de agosto de 1823. Consultado o 18 de marzo de 2011.  (en castelán)
  22. Gerardo Etcheverry. "Principales naves de guerra a vela hispanoamericanas.". Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  23. Liévano Aguirre, Indalecio (1983). Bolívar. Madrid: Cultura Hispánica del Instituto de Cooperación Iberoaméricana. pp. 189. ISBN 84-7232-311-0. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 24,6 Guhl, Ernesto (1991). "Capítulo XII: División Política de la Gran Colombia". Las fronteras políticas y los límites naturales. Fondo Fen Colombia, Bogotá. 
  25. Juan B. Sosa, Límites de Panamá, 1919, Revista Loteria, Páx. 18-19.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 26,5 26,6 26,7 Baldwing, Cradock e Joy, ed. (1822). (Gran) Colombia: Relación geográfica, topográfica, agrícola, comercial y política. Banco de la República, Bogotá. 
  27. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Codazzi2
  28. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Codazzi1
  29. Datos publicados polo Instituto Xeográfico de Weimar en 1823, sobre a base da subdivisión da Gran Colombia de 1822. Por tal motivo non se inclúe á Provincia de Guayaquil.
  30. Alexander von Humboldt (2011). Political Essay on the Island of Cuba: A Critical Edition. University of Chicago Press, pp. 215-217. Edición de Vera M. Kutzinski & Ottmar Ette. ISBN 978-0-22646-567-8.
  31. Datos publicados por Manuel María Paz e Felipe Pérez en 1890, sobre a base da subdivisión da Gran Colombia de 1824.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brito Figueroa, Federico (2009): Historia económica y social de Venezuela: una estructura para su estudio . Caracas: Universidad Central de Venezuela. ISBN 980-00-0341-X.
  • Liévano Aguirre, Indalecio (2002): Los grandes conflictos sociales y económicos de nuestra historia. Bogotá: Intermedio Editores. ISBN 958-709-048-9.
  • Restrepo, José Manuel (1827): Historia de la Revolución de Colombia. París: Librería Americana.
    • 5ª ed. completa, editada por Leticia Bernal Villegas (2009). Antioquia, Colombia: Editorial Universidad de Antioquia. ISBN 958-714-259-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar