Copa Libertadores
A Copa Libertadores ou CONMEBOL Libertadores[1][2] é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Suramérica, organizada pola Confederación Suramericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Suramérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.
O equipo con máis títulos da Copa Libertadores é o Independiente de Avellaneda con 7. O actual campión é o Flamengo de Río de Xaneiro que gañou ó River Plate de Bos Aires na final disputada en Lima o 23 de novembro de 2019.
O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Formato da competiciónEditar
A Copa Libertadores dispútase na primeira metade de cada ano, comezando en xaneiro e xogándose a final polo mes de xuño. Brasil e Arxentina achegan 5 equipos ó torneo, e cada ún dos restantes países da Conmebol achegan 3 equipos (Uruguai, Chile, Paraguai, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela). O país do equipo gañador na última edición, ten dereito a ter un representante a maiores. A Conmebol convida a México para que participe no torneo achegando outros 3 equipos. Deste xeito cada ano hai 38 equipos disputando a Copa Libertadores.
- Primeira Fase
Na primeira fase participan os 12 peores equipos en función do xeito polo que acadaron o dereito a competir neste torneo. Por exemplo, Ecuador achega ós 3 primeiros equipos clasificados na súa liga o ano anterior, e neste caso o 3º equipo ten que partipar nesta primeira fase. Cada país ten un equipo nesta fase, menos o país do último campión, que ten 2 equipos nesta fase. A fase consiste nunha eliminatoria con encontros de ida e volta. Os 6 equipos gañadores pasan á segunda fase, que é a fase de grupos.
- Fase de Grupos
A fase de grupos da Copa Libertadores é igual que a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. Consiste en 8 grupos con 4 equipos por grupo. Os 4 equipos de cada grupo xogan entre si na casa e fora, de xeito que cada equipo disputa 6 encontros, 2 fronte a cada equipo. Cando a fase de grupos remata, os 2 primeiros equipos de cada grupo pasan á seguinte fase, os oitavos de final.
- Oitavos de final
Nos oitavos de final da Copa Libertadores enfróntanse os primeiros equipos da fase de grupos fronte ós segundos equipos. As eliminatorias son a dobre encontro, e os equipos que remataron primeiros na fase de grupos agora teñen dereito a xogar na casa o partido de volta. Os gañadores desta eliminatoria pasan a cuartos de final.
- Cuartos de final
A esta fase do torneo chegan os 8 gañadores dos oitavos de final. Esta eliminatoria é igual que a anterior, a dobre encontro, ida e volta. O encontro de volta xógase na casa do equipo que foi mellor na fase de grupos, tendo en conta a posición no seu grupo (1º ou 2º) e os puntos e goles acadados. Os gañadores pasan ás semifinais.
- Semifinais
Nas semifinais séguese a ter conta como foi a participación de cada un dos 4 equipos na fase de grupos para determinar quen xoga o encontro de volta na casa.
- Final
Anteriormente a final da Copa Libertadores xogábase a dobre encontro, ida e volta, nos estadios que elixían os propios equipos, que ás veces eran os seus propios, e outras veces eran estadios próximos cunha maior capacidade para acoller ós seareiros. No caso de empate, o campión decidíase nos lanzamentos de penaltis. Dende 2019 xógase a partido único nun estadio neutral escollido pola Conmebol.[3]
PalmarésEditar
É importante sinalar que no caso de producirse un empate nunha final da Copa Libertadores, non se aplica a norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa, como se fai en Europa en competicións como a Liga de Campións da UEFA ou a Copa do Rei. Si se tivese aplicado esa norma, moitos dos campións da Copa Libertadores non o terían sido. Por exemplo, na final da edición 2008 houbo un 4-2 en Quito a prol do LDU Quito e un 3-1 no Río de Xaneiro a prol do Fluminense FC. De terse empregado a "norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa en caso de empate", o campíon sería o equipo brasileiro, pero a final decidíuse nos penaltis, e o campión foi o equipo de Ecuador. Esta situación tamén sucedeu no ano 2000. Ata 1987 a norma era que si cada equipo gañaba un encontro (polo resultado que fora) había que desempatar a final e no 1987 tivo que xogarse un partido de desempate a pesar de que no primeiro encontro da final o CD América venceu por 2-0 en Cali ó CA Peñarol, e no encontro de volta o CA Peñarol venceu por 2-1. Xa no 1988, houbo unha prórroga despois do segundo xogo final entre Nacional de Montevideo e Newell's Old Boys e o Nacional tivo vantaxe por mellor 'goal average' (3-1 no total da final) e co empate de 0-0 na prórroga gañou a Copa pola terceira vez. Un total de 12 finais tiveron un 3º encontro de desempate, algunhas delas a pesar de non existir empate a goles no global dos 2 primeiros encontros da final.
O Independiente é o club máis laureado da competición con 7 títulos no seu palmarés, o último deles acadado en 1984. Con 6 títulos séguelle o Boca Juniors, que gañou 4 deles dende o ano 2000. Con 5 títulos está o Peñarol, que perdeu outras 5 finais; e con 4 títulos está o Estudiantes, que acadou o 4º título en 2009. Detrás hai varios equipos que teñen 3 títulos: River Plate, Santos, Sao Paulo, Nacional e Olimpia.
- 7 títulos: Independiente
- 6 títulos: Boca Juniors
- 5 títulos: Peñarol
- 4 títulos: Estudiantes e River Plate
- 3 títulos: Santos, Sao Paulo, Nacional, Olimpia e Gremio
- 2 títulos: Atlético Nacional, Cruzeiro, Internacional e Flamengo
- 1 títulos: LDU Quito, Once Caldas, Palmeiras, Vasco da Gama, Vélez Sársfield, Colo-Colo, Argentinos Juniors, Racing Club, Corinthians, Atlético Mineiro, San Lorenzo
NotasEditar
- ↑ La CONMEBOL presentó el nuevo logo de la Copa Libertadores (en español) Consultado o 25/06/2017
- ↑ ¡Más cambios! Nuevos logo y nombre para la Copa Libertadores (en español) Consultado o 25/06/2017
- ↑ "¿Por qué la Final de la Libertadores 2019 es a un solo juego y en terreno neutral?". Marca (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 24 de novembro de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa Libertadores |