Barcelona Sporting Club

O Barcelona Sporting Club é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 1 de maio de 1925, máis coñecida pola sección de fútbol, a máis laureada do país con 14 títulos da Liga ecuatoriana. Nos anos 1990 e 1998 disputou a final da Copa Libertadores, caendo en ámbalas dúas, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama.

Barcelona de Guayaquil
NomeBarcelona Sporting Club
Alcume(s)Los Toreros, Los Canarios, Ídolo del Astillero
Fundación1 de maio de 1925
EstadioMonumental Isidro Romero
Guayaquil, Ecuador
Inauguración29 de maio de 1988
Capacidade90 283
PropietarioBarcelona Sporting Club
PresidenteFlag of Ecuador.svg Antonio Novoa
AdestradorGuillermo Almada Alves[1]
LigaSerie A de Ecuador
2011
VestimentaMarathon Sports
PatrocinadorPilsener
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Outras seccións do club adícanse ó baloncesto (1 título nacional), béisbol (14 títulos nacionais), voleibol, birlos (1 título nacional), water polo, natación, fútbol sala, boxeo, tenis e remo.

O club mantén unha forte rivalidade co outro gran club da cidade, o Club Sport Emelec, co cal disputa cada ano o Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais tradicionais do país. Segundo varias enquisas, o Barcelona SC é o club que ten un maior número de seguidores en Ecuador, por diante doutros equipos como o propio CS Emelec, o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.

O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, chamado dende 2008 Estadio Banco Pichincha por razóns de patrocinio. Trátase do estadio mais grande do país e un dos mais grandes de Suramérica, cunha capacidade superior a 90 000 persoas, pero que por reglamentación da FIFA está limitado a 60 000. O estadio, inaugurado o 29 de maio de 1988, é propiedade do propio Barcelona Sporting Club.

No momento da creación do club, este foi bautizado co nome Barcelona como recoñecemento ó apoio recibido en Guayaquil pola comunidade española de Cataluña, terra onde naceron varios dos socios fundadores do equipo. Concretamente o fundador do club, Eutimio Pérez Arumí, era nativo de Vilassar de Mar.

PalmarésEditar

ContinentalEditar

NacionalEditar

  • Serie A de Ecuador (14) = 1960, 1963, 1966, 1970, 1971, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1995, 1997, 2012
    • Subcampionatos (11) = 1957, 1962, 1968, 1982, 1986, 1990, 1992, 1993, 2002, 2003, Apertura 2005

RexionalEditar

  • Campionato de Guayaquil (5) = 1955, 1961, 1963, 1965, 1967
    • Subcampionatos (7) = 1953, 1954, 1956, 1957, 1962, 1964, 1966

XogadoresEditar

 
Estadio Monumental Isidro Romero Carbo.

Os seguintes xogadores compoñían o equipo na tempada 2012:[2]

Posto País Xogador
1 POR   Máximo Banguera
2 DEF   Pavel Caicedo
3 DEF   Ivan Hurtado  
4 MED   Aldo Duscher
5 DEF   José Luis Perlaza
6 DEF   Pablo Saucedo
7 DIA   Armando Wila
8 MED   Pedro Larrea
9 DIA   Ivan Borghello
10 MED   Damián Díaz
11 DEF   Giovanny Nazareno
12 POR   Rorys Aragón
14 DIA   Carlos García
Posto País Xogador
15 MED   Daniel Mina
16 MED   Luis Caicedo
17 DIA   Pablo Palacios
18 MED   Matías Oyola
19 DIA   Vinicio Angulo
20 DEF   Miguel Ibarra
21 MED   Hólger Matamoros
25 POR   Carlos Morán
27 MED   Mike Rodríguez
50 MED   Brayan de la Torre
51 MED   Dennys Quiñónez
53 DEF   Christian Cruz
54 MED   Roosvelt Oyola

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar