Xaneiro

primeiro mes do ano nos calendarios xuliano e gregoriano
<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
2022
Todos os días

Xaneiro é o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.

Xaneiro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV.

A súa orixe está no nome latino para o undécimo mes do ano (primeiro a partir da reforma de Xulio César) Ianuarius, que viña sendo o mes dedicado ó deus Xano.

Acontecementos en xaneiroEditar

O último domingo de xaneiro celébrase o Día Mundial contra a Lepra [1].

Xaneiro na cultura popularEditar

As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro etc.

A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para matar o porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa. Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría.

NotasEditar

  1. "Día Mundial Contra la Lepra" (en castelán). Consultado o 28.11.2022.