29 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 29 de xaneiro é o 29º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 336 días para finalizar o ano, 337 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 904 - en Roma, o papa Serxio III sae do seu retiro para desposuír do papado ao papa Cristovo (denominado desde entón «antipapa»).
- 1595 - Probable estrea de Romeo e Xulieta de William Shakespeare.
- 1916 - París é bombardeada por dirixibles alemáns proxectados polo conde Ferdinand von Zeppelin.
- 1933 - Adolf Hitler é indicado chanceler de Alemaña.
- 1937 - Executados en Santiago de Compostela os republicanos de Ribeira Manuel Fernández Sendón, Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro.
- 2006 - VII Foro de Oenegués. Preto de 25 ONGs participarán no VII Foro das ONGs en Santiago de Compostela.
Nacementos
editar- 1737 - Thomas Paine, patriota estadounidense.
- 1843 - William McKinley, presidente dos Estados Unidos (m. 1901).
- 1860 - Anton Chekhov, escritor ruso.
- 1866 - Romain Rolland, escritor francés, Premio Nobel de Literatura en 1915.
- 1867 - Vicente Blasco Ibáñez, escritor español.
- 1877 - Hugo Obermaier, paleontólogo e prehistoriador alemán (m. 1946).
- 1886 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pai do nacionalismo galego (m. 1950).
- 1893 - Xesús Calviño de Castro, escritor e xornalista galego (m. 1972).
- 1899 - Rafael Dieste, escritor natural de Rianxo. Autor de Dos arquivos do trasno e A fiestra valdeira.
- 1920 - José Luis de Vilallonga, escritor español (m. 2007).
- 1924 - Luigi Nono, compositor italiano (m. 1990).
- 1931 - Xosé Fernández Ferreiro, escritor galego.
- 1933 - Sacha Distel, cantante e músico francés (m. 2004).
- 1939 - Germaine Greer, académica e escritora australiana.
- 1947 - Linda B. Buck, premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 2004
- 1954 - María Francisca Lage de la Fuente, arquitecta. Autora do libro Valoración de la Construcción.
- 1954 - Oprah Winfrey, presentadora de televisión, actriz, produtora e filántropa estadounidense.
- 1955 - Jesús Otero Varela, político galego.
- 1959 - Antonio Carracedo Sacedón, político galego.
- 1974 - Xabier López López, escritor galego.
- 1975 - Olga Novo, poeta e ensaísta galega.
- 1981 - Álex Ubago, cantautor vasco de música pop.
Mortes
editar- 1676 - Alexis I, tsar de Rusia.
- 1695 - Diego Sarmiento Valladares, relixioso galego, bispo e inquisidor xeral.
- 1820 - Xurxo III, rei de Gran Bretaña.
- 1870 - Antonia Vila, impresora e editora galega (n. 1815).
- 1888 - Edward Lear, escritor, ilustrador e artista inglés (n. 1812).
- 1899 - Alfred Sisley, pintor franco-británico.
- 1938 - Fernando Barcia Veiras, mestre e político galego (n. 1885).
- 1941 - Ioannis Metaxás, xeneral e político grego (n. 1871).
- 1964 - Alan Ladd, actor estadounidense (n. 1913).
- 1969 - José García Vidal, avogado e político galego (n. 1885).
- 1992 - Willie Dixon, músico de blues estadounidense.
- 2006 - Nam June Paik, vídeo-artista nado en Seúl (Corea) o 20 de xuño de 1932.
- 2015 - Battista Mondin, teólogo e filósofo italiano.