13 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 13 de xaneiro é o 13º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 352 días para finalizar o ano, 353 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1750 - España e Portugal asinan o Tratado de Madrid, definindo novos límites dos seus territorios en Suramérica
- 1854 - Anthony Foss, músico belga, patenta o acordeón
- 1916 - Iníciase no Iucatán (México), o I Congreso Feminista Nacional.
- 1953 - Josip Broz Tito é escollido presidente da Iugoslavia
- 1986 - Stephen P. Synnott descobre as lúas Belinda, Rosalinda e Desdémona do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1998 - A Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.
- 2018: en Hawai, (Estados Unidos de América), envíase por erro unha alerta nuclear.[1]
Nacementos
editar- 915 - Al-Hakam II, califa cordobés (f. 976).
- 1596 - Jan van Goyen, pintor holandés (m. 1656).
- 1749 - Friedrich Müller, poeta e pintor alemán (m. 1825).
- 1785 - Karl Adolf Agardh, botánico e bispo sueco (m. 1859).
- 1822 - Antonio María de la Iglesia, escritor galego (m. 1892).
- 1850 - Hermann Möller, lingüista e filólogo dinamarqués (m. 1923).
- 1864 - Wilhelm Wien, físico alemán, Premio Nobel de Física (m. 1928).
- 1879 - Melvin Jones, fundador do Lions Club Internacional (m. 1961).
- 1891 - José Juan Pérez Gómez, xornalista e escritor galego (m. 1947).
- 1901 - Carmen Prieto Rouco, poetisa e dramaturga galega (m. 1977).
- 1902 - Karl Menger, matemático austríaco (m. 1985).
- 1924 - Paul Feyerabend, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994).
- 1927 - Sydney Brenner, biólogo surafricano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 1938 - Gregorio Peces-Barba, político e xurista español (m. 2012).
- 1958 - Francisco Buyo, futbolista galego.
- 1961 - Anxo Angueira, escritor galego.
- 1970 - Marco Pantani, ciclista italiano (m. 2004).
- 1972 - Rafael Cuíña, empresario e político galego.
- 1977 - Orlando Bloom, actor británico.
- 1980 - María de Villota, piloto de fórmula 1 española. (m. 2013)
Mortes
editar- -86 - Caio Mario, político e militar romano (n. -157).
- 1852 - Fabian Gottlieb von Bellingshausen, mariño e explorador ruso (n. 1778).
- 1865 - Vicente Turnes del Río Maldonado, escritor e xornalista galego (n. 1786).
- 1891 - Manuel Alonso Martínez, xurista e político español (n. 1827).
- 1893 - José de la Cuesta Crespo, xurista, escritor e xornalista galego (n. 1849).
- 1906 - Luis Taboada, escritor galego (n. 1848).
- 1906 - Alexander Stepanovich Popov, físico ruso (n. 1859).
- 1932 - Sofía de Prusia, raíña consorte grega (n. 1870).
- 1941 - James Joyce, escritor irlandés (n.1882).
- 1957 - Aureliano Pardo Villar, frade e escritor galego (n. 1882).
- 1963 - Ramón Gómez de la Serna, escritor español (n. 1888).
- 2001 - Amando de Ossorio, director de cinema de terror galego (n. 1918).
- 2001 - Armando Durán Miranda, óptico e científico galego (n. 1913).
- 2002 - Amparo Montes, cantante mexicana (n. 1925).
Festas e celebracións
editarSantoral
editarOutros
editarNotas
editar- ↑ «Causa pánico falsa alerta de misil balístico en Hawái», artículo publicado el 13 de enero de 2018 en el sitio web Cuba Sí (La Habana).